GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O lalinense Benito Blanco une Galicia e Arxentina no seu libro

(25/06/2009)

O lalinense Benito Blanco une Galicia e Arxentina no seu libro

A biografía do empresario, que chegou a ser considerado o «rei do petróleo», vincúlase tamén á cultura e política.

Autor:
M. G.
Data de publicación:
23/6/2009

De Lalín a Buenos Aires Benito Blanco un galego emprendedor

. Así se titula o libro que repasa a biografía deste empresario nacido en Alfonselle (Lalín) e que, tras emigrar a Arxentina, chegou a ser un dos grandes emprendedores do petróleo ata ser considerado o «rei» aínda que como el mesmo dixo «nunca fun dono dun pozo». Escrito pola xornalista Mariana Vicat conta durante catorce capítulos moito máis que a historia deste emigrante lalinense. «Non se trata só da biografía, senón tamén recolle o contexto cultural e histórico», indicaba onte a autora. Explicou que o obxectivo para manter vivo a «ponte de prata entre dous pobos». A vieira e o mate que aparecen nada máis abrir o libro simbolizan esta conexión.

Neste traballo, Vicat aproveita a propia historia persoal e empresarial de Benito Blanco para tamén mostrar o contexto cultural, empresarial, social e político. Así, recóllese como se estruturou a colectividade galega en Arxentina, presidentes e actual funcionamento, a historia política -aparecen imaxes dos actuais alcaldes da comarca pero tamén de Perón ou un debate no Parlamento galego- e a súa especial relación co que fose presidente arxentino Raúl Alfonsín e con José Cuíña. Non falta tampouco imaxes deste emigrante lalinense con Isabel García Lorca, irmá do escritor, ou do Teatro Avenida de Buenos Aires, cuxa reconstrución promoveu. Pero ao seu lado tamén aparecen as orixes, na parroquia lalinense de Alfonselle, así como os seus veciños e amigos, ademais dos distintos recoñecementos que recibiu: Orde dá Vise ou a Orde do Mérito Civil que lle entregou Juan Carlos I.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas