GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009

(25/06/2009)

Axudas e subvencións a programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior 2009

O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

 

Nome do programa

Axudas e subvencións a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior 2009.

 

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior.

 

Programas de axudas e subvencións

  • Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servicios socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
  • Programa 2: Axudas para promover a realización de exposicións, conferencias, cursos de formación e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
  • Programa 3: Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo.
  • Programa 4: Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 5: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
  • Programa 6: Axudas para a contratación de grupos musicais, de teatro e outras manifestacións culturais.
  • Programa 7: Axudas para a subscrición a publicacións e revistas de carácter periódico.
  • Programa 8: Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior.

 

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente:

  • Secretaría Xeral da Emigración
  • Rúa Básquiños, 2
  • 15704 Santiago de Compostela
    • A Coruña

A documentación presentada, no caso das entidades galegas, deberá ser asinada polo secretario co viso e prace do presidente ou, noutro caso, polos representantes legais das institucións e asociacións solicitantes.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 23 de Xullo de 2009.

 

Resolución

Resolución do 17 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

 

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº 121, do Martes 23 de Xuño de 2009.

 

Promovido por

Secretaría Xeral da Emigración.

 

Ano

2009

 

Información Adicional 

Guía para a presentación de solicitudes [gl]

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas