GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As autonomías faranse cargo da tutela dos nenos inmigrantes

(30/06/2009)

As autonomías faranse cargo da tutela dos nenos inmigrantes
O presidente do Goberno anuncia unha modificación específica da Lei do Menor, pola cal as rexións recibirán unha subvención se se fan cargo de mozos ‘sen papeis'
Axencias - AS PALMAS
 Cada verán, decenas de inmigrantes que se aventuran a chegar ás praias de España en patera falecen no traxecto. / O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, expresou onte o seu compromiso de «facer todo o esforzo necesario para que Canarias non soporte en solitario a difícil problemática social e económica» que representa a chegada de menores inmigrantes ao arquipélago. Neste sentido e nunha roda de prensa na capital grancanaria tras reunirse co presidente do Executivo rexional, Paulino Rivero, no cume Canarias-Estado, Zapatero salientou que o Goberno central está estudando reformar a Lei do Menor para facilitar o traslado dos menores inmigrantes desde Canarias á Península, de modo que a tutela destes estranxeiros quede en mans da rexión que os reciba.
Zapatero salientou a «boa colaboración en inmigración» co Goberno insular, ao tempo que lembrou que se foi reducindo a chegada de menores indocumentados, que «acadaron un teito preocupante no 2006 a través dos cayucos». 
O dirixente socialista agregou que son as autonomías as que teñen responsabilidade en materia de menores, pero como presidente do Gabinete apostilou sentirse «comprometido a fondo co que representa a chegada de mozos que non acadan a maioría de idade» e se solidarizóu co Goberno de Canarias.
Neste sentido, subliñou que ambas administracións traballaron conxuntamente para que outras rexións poidan recibir a eses rapaces, e indicou que o Executivo financiará por primeira vez ao Goberno insular para a asistencia a menores con catro millóns de euros. Ademais, engadiu que achegará 15 millóns de euros dispoñibles para este ano para o traslado de «un número importante» de nenos a outras comunidades autónomas. Se ben, aclarou que dita contía será para as autonomías onde poidan trasladarse os mozos», pero se se quedan nas illas o financiamento será para Canarias.
Mentres desde o Goberno se toman medidas para canalizar os miles de indocumentados que chegan ás costas nacionais, o drama volve a instalarse nas praias de Cádiz, onde onte se atoparon os cadáveres de seis inmigrantes de orixe marroquino -catro homes e dúas mulleres- que perderon a vida no naufraxio de seu cayuco.
A embarcación, que foi avistada a primeira hora da mañá, levaba a bordo a outras 30 ou 40 persoas, -entre elas catro menores- e naufragou nas inmediacións de cabo Trafalgar, en Barbate. Un dos ocupantes do cayuco tivo que ser ingresado de urxencia nun hospital da zona debido ás múltiples contusións que presentaba no tórax e as autoridades non descartan que o mar leve á beira máis corpos.
Aproximadamente, uns 58 sen papeis perderon a vida no que vai de ano ao intentar tocar terra española, aínda que a cifra exacta resulta moi difícil de determinar, pois moitos deles desaparecen nas augas sen deixar rastro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas