GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España e Estados Unidos asinan un acordo de cooperación sobre inmigración

(02/07/2009)

España e Estados Unidos asinan un acordo de cooperación sobre inmigración


MADRID (AFP) — España e Estados Unidos asinaron este mércores en Madrid un acordo para aumentar o control da inmigración ilegal entre ambos os dous países, anunciaron o ministro español de Interior e a secretaria norteamericana de Seguridade Interior.

O acordo "dá cobertura á presenza de tres oficiais das aduanas de Estados Unidos no aeroporto de Barajas e non descarta a presenza de oficiais noutros aeroportos españois ou de axentes españois en Estados Unidos", declarou o ministro Alfredo Pérez Rubalcaba en conferencia de prensa conxunta coa secretaria de Seguridad Interior Janet Napolitano.
Tres aduaneiros norteamericanos están xa presentes en Barajas e este acordo "formaliza" a súa presenza, engadiu Pérez Rubalcaba.

Estes axentes axudan aos aduaneiros españois a examinar os pasaportes das persoas que se dirixen a Estados Unidos e a determinar se son falsos ou non.

O aeroporto de Barajas é "ás veces" utilizado para entrar ilegalmente en Estados Unidos, "e tivemos no pasado o exemplo dalgúns cidadáns iraquís ou de Latinoamérica", concluíu Rubalcaba.

O acordo permitirá "aumentar a seguridade de nosos dous países", declarou Napolitano, que debía entrevistarse máis tarde co presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas