GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno pecha a vía do asilo para os menores do Open Arms

(14/08/2019)

O Goberno pecha a vía do asilo para os menores do Open Arms

A ONU esixe unha solución inmediata para os migrantes, que este mércores afrontan un temporal en alto mar

 

 


Madrid / Colpisa 14/08/2019

 

 

A situación dos 31 menores que agardan un porto seguro no Open Arms abriu unha nova fronte entre a oenegué española e o Goberno socialista. O ministro de Fomento en funcións, José Luis Abalos, rexeitou este martes que o capitán do barco teña potestade para solicitar á embaixada en Malta que tramite unha solicitude de asilo para os nenos, tal e como leste fixo o luns. Segundo o número tres do PSOE, con esta petición a oenegué busca «seguir mantendo a cuestión viva». «O capitán non ten esa capacidade xurídica», resolveu Abalos.

 

É unha explicación que non admite o Open Arms. «Non tratamos de manter viva a cuestión. Tratamos de manter vivas ás 507 persoas que están sufrindo un secuestro no medio do mar», respondeu o fundador da oenegué, Óscar Camps. Ademais dos 151 migrantes do buque humanitario, outros 356 (101 deles menores) atópanse na mesma situación no Ocean Viking, de bandeira norueguesa e fretado por SOS Méditerranée e Médicos sen Fronteiras. 

 

Ondas de dous metros

 

Tras doce días embarcados, a situación dos rescatados vai a peor. Aos problemas físicos e psicolóxicos dos migrantes sumarase este mércores un temporal que dará lugar a ondas de máis dous metros. A pesar destas circunstancias, o Open Arms permanece á espera nas inmediacións da illa italiana de Lampedusa . Os responsables do barco solicitaron este martes ás autoridades do país transalpino e a Malta a evacuación dun bebé e a súa familia, por mor dos problemas respiratorios que padece o pequeno, que pouco despois foi autorizada.

 

A ONU sumouse este martes ás voces que reclaman unha solución a esta nova crise. A Axencia para os Refuxiados (Acnur) afirmou que deixar en alto mar e nestas condicións meteorolóxicas a persoas que fuxiron da guerra e a violencia en Libia sería infligir aínda máis sufrimento ao seu sufrimento». Nacións Unidas esixiu que se permita o desembarco inmediato dos migrantes e présteselles a axuda humanitaria que necesitan. Italia e Malta non están polo labor, e o Open Arms segue sen valorar a posibilidade de pór rumbo cara a un porto español.

 

Cádiz sumouse este martes a outras cidades como Valencia e Barcelona ao ofrecerse para acoller o barco da oenegué. Unha vez en chan español, os rescatados poderían presentar persoalmente a súa solicitude de asilo, que debe concederse a todos a aqueles que sofren algún tipo de persecución no seu país de orixe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas