GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.170.368 ocupados en xullo

(28/08/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.170.368 ocupados en xullo



afiliados extranjeros

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

  • O crecemento interanual sitúase no 7,42%, con 149.938 máis que hai un ano
  • Son 7.901 afiliados menos que en xuño, o -0,36% 

A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.170.368 traballadores estranxeiros en xullo, 7.901 menos que en xuño. No último mes a cifra deste colectivo descendeu un 0,36%. Un descenso que se corresponde cos rexistrados neste mes en anos anteriores.

A variación interanual supón un incremento do 7,42%, con 149.938 traballadores foráneos máis que en xullo de 2018.

Do total de afiliados doutros países, os grupos de traballadores máis numerosos proceden de Romanía (352.102), Marrocos (263.705), Italia (133.636) e China (107.689). Séguenlles os traballadores nacionais de #Ecuador (77.097), Colombia (76.829), Reino Unido (68.379), Bulgaria (63.073), Venezuela (58.772) e Portugal (57.063).

Comunidades autónomas

Cantabria, seguida de Asturias, Castela e León, Galicia e Illas Baleares son as comunidades autónomas nas que máis creceu a afiliación de estranxeiros no último mes, con porcentaxes de incremento intermensual de 6,46%, 3,57%, 3,39%, 3,10% e 2,6% respectivamente. Os maiores descensos rexístranse en Andalucía (-7,89%), Estremadura (-6,53%), A Rioxa (-5,79%) e Región de Murcia (-4,14%)

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Galicia, cun incremento de 9,32%, País Vasco (9,22%) e Navarra (9,18%) son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano. A continuación sitúanse a Cataluña (8,20%), Comunidade Valenciana (8,03%), Cantabria (7,86%), Castela e León (7,58%) e Asturias (7,03%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.822.126 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 206.593 ocupados, e o de Hogar, con 170.373). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 343.033 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 5.155, e o do Carbón, con 54.

En xullo, de entre os afiliados estranxeiros, 1.289.950 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (880.418) de países comunitarios.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en xullo, 1.216.115 son homes e 954.253 son mulleres.

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

comunidades

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas