GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise deixa sen emprego ao 27,1% dos inmigrantes en España

(02/07/2009)

A crise deixa sen emprego ao 27,1% dos inmigrantes en España
A OCDE revela que o paro golpea con máis forza aos traballadores estranxeiros


Os traballadores estranxeiros son o colectivo máis castigado pola crise económica. - GUILLERMO SANZ ANDRÉS PÉREZ - Correspondente en París - 30/06/2009 


A crise económica global está freando as correntes migratorias dos traballadores estranxeiros cara aos países ricos do Norte por primeira vez desde a década de 1980. E esa freada ten unha razón: o desemprego golpea con máis forza ao colectivo inmigrante que a quen dispón de pasaporte local.

Esas son as conclusións do informe Perspectivas das Migracións Internacionais, presentado onte pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico(OCDE). Segundo o estudo, deste ano, o freo á inmigración xa se observa en España, Irlanda e Reino Unido. Foi nestes tres países onde antes se empezaron a notar os efectos da crise. Nos tres, a man de obra estranxeira foi a primeira en perder emprego. Isto levou a que a taxa de paro entre os estranxeiros alcance o dobre do que era antes da recesión.

En España, por exemplo, a OCDE mediu que no primeiro trimestre de 2009, o paro afectaba a un 27,1% da poboación activa inmigrante. Entre os traballadores españois, a cifra era do 15,2%. Doutra banda, a OCDE destacou que en EEUU o número de permisos de traballo temporal para man de obra cualificada estranxeira baixara un 16% en 2008.

A inmigración, necesaria
Fronte a este retroceso, a OCDE aconsella manter os programas de integración de inmigrantes, por estimar que a longo prazo volverán ser necesarios. E advirte: "A experiencia pasada mostra que toda medida tomada para pechar a billa da inmigración acaba por extinguir as vías legais e carrexa vías alternativas ao sistema máis importantes a medio prazo, durante a recuperación". Dito doutra forma: o ferrollo europeo pode conducir, cando a recuperación regrese, a un novo estalido da inmigración irregular.

Para rematar, a OCDE prevé que as medidas de estímulo ao retorno voluntario de traballadores estranxeiros en paro traerán poucos resultados. Pola contra, aconsella que estes poidan cobrar o desemprego nos seus países de orixe e teñan permiso para volver a inmigrar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas