GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise económica aumentará os inmigrantes irregulares, segundo un experto

(02/07/2009)

A crise económica aumentará os inmigrantes irregulares, segundo un experto
EFE , Aranxuez (Madrid) | 
A perda de emprego, causada pola actual crise económica, pode provocar que os inmigrantes que deban renovar os seus permisos de traballo nos próximos meses perdan os papeis e caian en "unha irregularidade sobrevinda".

Así o sinalou o sociólogo e presidente do Foro de Integración Social dos Inmigrantes, Lorenzo Cachón, quen destacou ademais que aínda que os inmigrantes "resistiron a recesión mellor que os españois", neste último trimestre produciuse unha "caída brutal" do emprego entre os estranxeiros.

Cachón fixo estas declaracións a EFE, logo de participar no curso de verán "Os retos sociais da integración dos inmigrantes", organizado pola Universidade Rei Juan Carlos.

Os inmigrantes, dixo Cachón, teñen unha formación da que non dispón moitos españois e son "máis móbiles", pois "se non teñen traballo en Cádiz vanse a Xaén", aínda que esta flexibilidade ten un límite, puntualizou, xa que "cando se deteriora moito o mercado laboral, xa non hai sitio onde ir".

En cambio, os españois "viven nunha sociedade de novos ricos" e non están "dispostos a aceptar calquera cousa".

A "irregularidade sobrevinda", segundo este catedrático de Sociología da Universidade Complutense de Madrid, non vai facer que os inmigrantes abandonen o país senón que se dirixan cara á economía mergullada.

Ao seu xuízo, esta situación é "moito máis grave do que foi nunca, porque non só se irregulariza ao inmigrante senón a todos os reagrupados vinculados con el".

Para solucionalo, Cachón avogou por reforzar as políticas de redistribución nos ámbitos da educación, os servizos sociais, a sanidade ou a vivenda, "que teñen que ver coas condicións de vida e de traballo de toda a poboación", engadiu.

A poboación inmigrante, reclamou, debe estar no espazo político, polo que hai que lograr que poidan votar nas eleccións locais, "como cidadáns que son", concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas