GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSOE celebrou en Verín un encontro con retornados de Alemaña para tratar diferentes temas fiscais

(16/10/2019)

O PSOE celebrou en Verín un encontro con retornados de Alemaña para tratar diferentes temas fiscais

 

Redacción, Ourense | 15 Outubro 2019 -Crónicas da Emigración



Un momento del acto sobre fiscalidad organizado por el PSOE en Verín. 

Un momento do acto sobre fiscalidade organizado polo PSOE en Verín.


Máis de 70 persoas participaron no acto organizado polo PSdeG-PSOE de Ourense en Verín para coñecer a nova fiscalidade para os retornados de Alemaña.

No acto participaron os candidatos ao Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Mariña Ortega; o secretario provincial de Emigración, Luís Gulín; o candidato ao Senado, Juan Carlos Francisco; e o secretario de organización do PSdeG-PSOE de Verín, Benigno Rodríguez Rodríguez.

Gulín falou sobre a nova fiscalidade para dous pagadores que en palabras do secretario provincial de emigración “desde o 1 de xaneiro deste ano elévase ata os 14.000 euros para estar exentos de declarar”.

O propio Gulín informou tamén de que “os emigrantes residentes en Alemaña desde o do 1 de xullo están obrigados a informar á axencia tributaria alemá no caso de ter contas bancarias en España e dos movementos dos seus depósitos”. Así mesmo, o responsable de emigración dos socialistas ourensáns detallou de forma exhaustiva o tema do 5% que hai que declarar a Axencia Tributaria Alemá sobre a pensión que se percibe dese país, ademais de explicar os procedementos e experiencias a hora de tramitar as axudas á dependencia alemá e a posibilidade de que o seguro alemán asuma para o coidador as cotizacións ante a seguridade social española e mesmo para a prestación do desemprego.

O candidato ao Senado e secretario de organización do PSdeG-PSOE de Ourense, Juan Carlos Francisco, analizou pormenorizadamente a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena á Axencia Tributaria a recoñecer a un retornado de Alemaña como gastos deducibles os gastos de sanidade e de dependencia que se deducen da súa pensión alemá. “Tal e como constatei en conversacións e informacións solicitadas con colectivos de retornados noutras Comunidades Autónomas como Asturias, Andalucía, Madrid ou Castela a Mancha, neses territorios os retornados de Alemaña non teñen o máis mínimo problema coa súa declaración da renda á hora de reclamar eses gastos deducibles”, explicou Juan Carlos Francisco Rivera.

O senador afirmou tamén que dita situación é “unha manifesta discrepancia de criterios territoriais e de discriminación cara o colectivo galego”. Juan Carlos Francisco tamén se comprometeu a “realizar varias acción ante a Secretaría de Estado de Facenda e solicitar unha reunión co delegado de Facenda en Galicia para abordar esta problemática”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas