GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta financia con 240.000 euros un programa de Cáritas para atender a inmigrantes e emigrantes retornados

(03/07/2009)

A Xunta financia con 240.000 euros un programa de Cáritas para atender a inmigrantes e emigrantes retornados
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Goberno galego destinará 240.000 euros a financiar un programa de Cáritas Diocesana de Santiago para atender a inmigrantes e emigrantes retornados a Galicia que se atopan nunha situación económica difícil. Así recólleo un acordo autorizado hoxe polo Consello da Xunta, que dá continuidade ao proxecto de acollida integral a membros de ambos os dous colectivos impulsados polo Executivo autonómico desde o ano 2004.

Desde entón, Cáritas colabora coa Administración autonómica na acollida básica e atención a inmigrantes e retornados dentro da Rede Galega de Atención ao Retornado e Inmigrantes, así como no desenvolvemento do programa para a atención humanitaria e a acollida na Península de inmigrantes procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla.

Entre as actuacións financiadas pola Xunta se inclúe a información a inmigrantes e retornados sobre a súa situación administrativa, o apoio económico para as súas necesidades básicas e o fomento da súa incorporación ás redes sociais e á vida comunitaria.

Para iso,  habilitaránse un total de 64 prazas en casas e pisos de acollida así como apartamentos para tres familias--que sumen un total de 10 ou 11 persoas--.

Ademais, parte destas prazas, ata un máximo de seis meses, poderán ser reservadas pola Secretaría Xeral de Emigración para o programa de atención humanitaria de inmigrantes chegados de Canarias, Ceuta e Melilla. A Secretaría Xeral de Emigración reservará estas prazas de acordo coa petición de colaboración do Ministerio de Traballo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas