GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caamouco estreita os seus lazos con Cuba

(13/12/2019)

Caamouco estreita os seus lazos con Cuba 



 A representante de 35 microsociedades galegas na Habana, Caridade Fernández, visitou a Tenencia


Ares 12/12/2019


Co izado das bandeiras cubana e galega a Agrupación Instructiva de Caamouco recibiu a Caridade Fernández, representante de 35 microsociedades galegas en Cuba. Trátase dun paso máis no proxecto para estreitar os lazos que unen á parroquia aresá coa Habana que impulsa a entidade, que este mesmo ano non dubidou en saltar o charco o pasado mes de outubro para coñecer o legado cultural dos seus antepasados no arquipélago.

A Tenencia vestiuse de longo para a visita da responsable, que mantén parte da súa familia na Capela. Fernández expuxo a difícil realidade que atravesan moitos dos colectivos galegos en Cuba, a súa perda de actividade e lamentou as dificultades para non perder o contacto coas sociedades asentadas en Galicia. Tamén coñeceu a historia da Agrupación fundada en 1911.

Pero a intención da Agrupación Instructiva é a contraria, abrir vías de colaboración con colectivos asentados na illa. «A Agrupación trasladoulle o seu compromiso de manter un contacto permanente. A xunta directiva avanzou que a súa intención é traballar para lograr irmandarse cun colectivo galego-cubano co obxectivo de manter un vínculo permanente coa colectividade galega e, xa que logo, co país do seu nacemento», destacaron desde a entidade.

Non foron os únicos lazos que se estreitaron na xornada. Os participantes no encontro mantiveron unha videoconferencia con Arantxa Fernández, directora da Cátedra de Cultura Galega na Universidade da Habana, que explicou á sala os obxectivos da formación académica que quere reimpulsar. Trátase dun avance na colaboración que mantén Caamouco coa entidade universitaria xa que a comitiva aresá que se desprazou a Cuba en outubro xa se entrevistou con Fernández. Entón, os representantes da entidade realizaron unha doazón económica para axudar nos recursos necesarios para a cátedra. «A directiva da sociedade xa mantivo con ela varios encontros na Habana coa vista a establecer colaboracións entrambas institucións», lembraron.

Catálogo da emigración

A entidade de Caamouco está inmersa nun ambicioso proxecto para difundir o labor dos seus antepasados que emigraron a Cuba en busca de oportunidades laborais e unha vida mellor. O centro social da Tenencia recibiu tamén a visita de representantes do Consello da Cultura Galega para avanzar na súa proposta de crear un catálogo sobre a emigración aresá. «Acompañados pola concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, iniciamos conversas para unha colaboración que permita obter e catalogar a valiosa información sobre a emigración aresá que conservamos tanto no noso arquivo como non do casino de Ares», avanzaron desde a directiva.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas