GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os ourensáns emigrados xa case igualan aos residentes na provincia

(08/01/2020)

Os ourensáns emigrados xa case igualan aos residentes na provincia 



Los ourensanos emigrados ya casi igualan a los residentes en la provincia.

Os ourensáns emigrados xa case igualan aos residentes na provincia.


A REXIÓN INTERNACIONAL 06/01/2020

Que os ourensáns volven en masa a casa por Nadal non é un secreto para ninguén. Unha provincia tradicionalmente exportadora de talento recibe nas festas todo esa inxente cantidade de persoas de volta para ver á famlia, pero segue sendo incapaz de conseguir retelos.

A franxa dos 20 aos 35 é crítica na provincia, xa que aí é onde se produce o efecto emigración para ir á Universidade, un capital humano que, polo xeral, non acaba volvendo. Nos últimos 20 anos, a provincia perdeu 26.297 persoas nesta franxa de idade. Supón case a totalidade dos 34.000 residentes que perdeu Ourense nese mesmo período.

A isto súmase a crise económica de principios desta década, que azoutou con forza e mandou non só fóra de Galicia, senón de España a un importante colectivo de ourensáns.

Xa case viven tantos ourensáns de nacemento dentro da súa provincia de orixe que fóra da mesma. Os datos falan por si sós. Cada vez estréitanse máis as distancias. Cando se contacta cos que viven no exterior aluden sempre ao mesmo: máis oportunidades para "o seu", mellores salarios, pero, case nunca, afirman vivir mellor que na súa terra.


A greta dos que se marchan prodúcese na franxa de idade entre os 20 e os 35 anos, con 26.000 menos en 20 anos


AS CIFRAS: OURENSÁNS

307.651 Residentes na provincia ao 1 de xaneiro de 2019.

239.276 Persoas que naceron en Ourense de todas as que están no padrón de habitantes na provincia.

233.071 Ourensáns que viven noutras comunidades autónomas de España e outros países.

26.297 Ourensáns entre 20 e 35 anos perdidos en 20 anos.

 

Mingua o padrón

 

Os últimos datos do padrón municipal de habitantes poñen de relevo que en Ourense residen un total de 307. 651 persoas, dos cales só 239.276 naceron na propia provincia.

Por outra banda, no exterior –tanto outras provincias galegas, como outras comunidades autónomas, como o censo de residentes no estranxeiro– contabilízanse xa 233.071 ourensáns.

Son cifras practicamente iguais e que se poderían superar nos próximos anos, xa que o Padrón de Residentes no Estranxeiro non deixa de subir continuamente, con segundas e terceiras xeracións de emigrantes. Por comunidades, Galicia leva a maioría de ourensáns emigrantes (46.900), seguida de Cataluña (19.023), Comunidad de Madrid (15.528) e País Vasco (11.825).

En américa, a máis

 

Fóra dos límites estatais, América, con 88.320 ourensáns, leva a palma na comunidade exterior. Arxentina (31.547), Cuba (13.473), Brasil (11.164) e Venezuela (11.162) son os países onde residen actualmente máis ourensáns no estranxeiro. Hai que sumar en Europa aos 9.508 que viven en Suíza, os 5.899 de Francia ou os 5.560 de Alemaña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas