GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O saldo migratorio dos españois co exterior foi positivo en 3.419 no primeiro semestre de 2019

(09/01/2020)

O saldo migratorio dos españois co exterior foi positivo en 3.419 no primeiro semestre de 2019

 

Redacción, Vigo | 08 Xaneiro 2020 - 


Entre xaneiro e xuño do pasado ano, do total de persoas procedentes do estranxeiro 38.751, o 11,1%, eran españois quen tamén protagonizaron o 24,3% das saídas (35.332), o que supón o primeiro saldo positivo (3.419) dos españois co exterior nun semestre desde o inicio da Estatística de Migracións en 2008, segundo publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A chegada de españois non consiste fundamentalmente nunha inmigración de retorno, senón de persoas con nacionalidade española nadas no estranxeiro (soamente 14.934 persoas das 38.751 que inmigraron naceran en España).

A poboación de nacionalidade española que chegou a España no primeiro semestre procedía, principalmente, de Venezuela (6.487 persoas), Reino Unido (2.883) e Ecuador (2.853). Pola súa banda, os maiores receptores de emigrantes españois foron Reino Unido (8.310 persoas), Francia (4.235) e Alemaña (3.258).

Máis de 47 millóns por primeira vez

A poboación residente en España aumentou en 163.336 persoas na primeira metade do ano e situouse en 47.100.396 habitantes ao 1 de xullo de 2019. É a primeira vez que se superan os 47 millóns de habitantes.

O aumento poboacional do semestre foi froito dun saldo vexetativo negativo de 45.002 persoas (169.216 nacementos, fronte a 214.218 defuncións), que se viu compensado cun saldo migratorio positivo de 209.097 persoas (houbo 348.625 inmigracións procedentes do estranxeiro e 139.528 emigracións con destino ao estranxeiro).

Migración exterior por comunidades autónomas

Todas as comunidades presentaron saldo migratorio positivo co exterior na primeira metade de 2019. Os maiores saldos déronse en Cataluña (47.119), Comunidad de Madrid (40.539) e Comunitat Valenciana (27.162).

Pola contra, as comunidades con menores saldos migratorios foron Estremadura (976), A Rioxa (1.086) e Cantabria (1.606).

Migracións interiores

Os saldos migratorios entre comunidades máis positivos durante o primeiro semestre de 2019 déronse en Comunitat Valenciana (1.952), Illes Balears (1.142) e Aragón (837).

Pola contra, Estremadura (-1.283), Andalucía (-1.107) e Castela e León (-1.034) presentaron os saldos máis negativos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas