GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia volve caer por baixo de 2,7 millóns de habitantes

(09/01/2020)

Galicia volve caer por baixo de 2,7 millóns de habitantes

 

As novas cifras oficiais deixan á comunidade coa mesma poboación que rexistraba no 2002, tras instalarse agora no peor saldo vexetativo de España

 

 


Vigo 08/01/2020

 

A chegada de estranxeiros e o retorno de emigrantes volve a non ser suficiente para frear a perda de poboación de Galicia. De xaneiro do 2019 a xullo do ano pasado a comunidade galega perdeu 1.677 habitantes, co que un ano despois volve baixar por baixo dos 2,7 millóns de habitantes como lle sucedese no rexistro de poboación confeccionado a xullo do 2018, botando agora por terra o lixeiro ascenso logrado en xaneiro que lle fixo superar ese transo demográfico de volver contar cunhas cifras de poboación similares ás do 2002. 

 

 O Instituto Nacional de Estatística acaba de certificar dita baixada que deixa agora a Galicia con 2.698.764 residentes, en lugar dos 2.700.441 cos que comezara o ano pasado. Un decenso do 0,06 % que é o menor do refgistrado nas comunidades que perden habitantes: Castela e León (-0,20 %); Asturias (-0,22); Estremadura (-0,25); Ceuta (-0,47) e Melilla (-0,48). A baixada poboacional dos seis territorios coincide en cambio cun repunte xeral de toda España, que crece en número de habitantes nun 0,35 % nos seis primeiros meses do pasado exercicio, con 163.336 persoas máis, o que arroxa un saldo de 47.100.396 habitantes, o máis alto da súa historia. 

 

Esa tendencia desigual entre Galicia e España fai que a comunidade galega supoña agora só o 5,72 % do total do Estado, cando no ano 2000 aínda representaba o 6,68 %, chegaba incluso en 1990 ao 7,08 % e levantábase no ano 1900 a todo un 10,64 %. De practicamente dez galegos por cada cen españois de entón aos case cinco de agora. 

 

 Sen contar a situación de xullo do 2018, a última vez que Galicia caeu por baixo dos 2,7 millóns de residentes foi en xullo do 2002, pero entón os habitantes da comunidade eran practicamente o 7 % do total do país.

 

 O saldo vexetativo que consigna o INE para Galicia é o peor de todas as comunidades autónomas, ao rexistrar 8.426 falecementos máis que nacementos na primeira metade do ano pasado. Dita resta non puido ser compensada polos movementos migratorios esta vez, como en cambio si ocorreu en xaneiro do 2019. Chegan en todo caso do estranxeiro 7.026 persoas máis que as que emigraron. Respecto ao resto de España o saldo volve ser negativo lixeiramente, ao emigrar a outras autonomías 215 persoas máis que as que chegaron do resto de comunidades a Galicia. 

 

Destaca con todo que Galicia se converteu na oitava autonomía que máis emigración exterior atrae nesta ocasión, por encima dos saldos que deixan Murcia, Castela-A Mancha ou Aragón, entre outras. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas