(10/01/2020)
O Tribunal Supremo achanda pasos para renovar nacionalidade a fillos de españois nados fora
Representantes do CeDEU con Sara Vila
A Rexión Internacional
Axencia EFE 08/01/2020
O Tribunal Supremo ven de establecer nunha sentenza que a declaración expresa de conservar a nacionalidade española do fillo dun español nado no estranxeiro tras cumprir a maioría de idade xa non é requisito imprescindible para conseguilo, senón que abonda con que solicite renovar o pasaporte.
O pleno da Sala do Civil do alto tribunal analizou o caso dunha cidadá colombiana que adquirira a nacionalidade española por ser filla de española -tamén natural de Colombia- e que, ao alcanzar a maioría de idade, pediu renovar o seu pasaporte español no Consulado de España do país.
A Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado retiroulle a nacionalidade española por non declarar de forma expresa que quería conservala tres anos despois de cumprir a maioría de idade, como recolle o artigo 24.3 do Código Civil.
Ela recorreu e o seu caso chegou ata o Supremo, que lle dá a razón e nunha sentenza establece que a solicitude de renovación do pasaporte que fixo é suficiente para demostrar que quería conservar a nacionalidade.
"A solicitude de renovación do pasaporte non é un mero uso da nacionalidade española, senón unha petición que se realizou ante o Consulado Xeral e que comporta de maneira inequívoca a vontade de querer ser español", sinala a Sala.
O pleno da Sala ten en conta a finalidade do artigo 24.3 do Código Civil, que trata de evitar a "perpetuación de estirpes indefinidas de descendentes de españois no estranxeiro, a pesar de que non manteñan a menor vinculación con España".
Pero, continúa a Sala, non se esixe que a declaración de querer conservar a nacionalidade estea suxeita a unha forma solemne, polo que non ve inconveniente para que se manifeste de maneira indirecta, neste caso a través da petición de renovación do pasaporte.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas