(14/01/2020)
Recordos da emigración en Alfoz
alfoz/a voz 14/01/2020
Ata o día 2 de febreiro • De 17.00 a 19.00 horas • Antiga escola de Adelán • Cantos recordos materiais e emocionais deixou a emigración galega a América. Algúns deles «reviven» ao presente da man da exposición recentemente aberta pola Rede Museística provincial na antiga escola de Adelán (Alfoz), grazas tamén á colaboración da súa asociación veciñal. Pode verse ata o 2 de febreiro material tanto fotográfico como documental en «Culturas en diálogo. Lugo-Arxentina». Inaugurouse este luns, con asistencia de alumnos de CEIP de Alfoz que a continuación da visita realizaron un taller. Silvia Fiallega dará unha charla no IES Alfoz-Valadouro.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas