GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes seguen pagando por votar polas irregularidades do voto rogado

(15/01/2020)

Os emigrantes seguen pagando por votar polas irregularidades do voto rogado






A Rexión Internacional

Marea Granate 14/01/2020


Marea Granate denuncia unha vez máis irregularidades nos reembolsos dos envíos do voto desde o exterior nas eleccións do 28A e 26M. A esta plataforma chegaron numerosas queixas de emigrantes que están a recibir unha cantidade substancialmente inferior ao pago; en moitos casos, ademais, a cobranza desta cantidade é imposible ao non prover Correos o código necesario para solicitar o pago.

O pasado 19 de agosto, o Ministerio do Interior formalizou un contrato con Correos por importe de 821.000 euros para a devolución dos gastos de envío do voto por correo desde o exterior nas eleccións xerais do 28 de abril e autonómicas/europeas do 26 de maio. Segundo a lexislación vixente, esta devolución debe cubrir "o importe do franqueo, redondeado, no seu caso, por exceso, ata unha unidade monetaria máis da divisa en que se abone" (RD 605/1999) para cumprir co principio legal da gratuidade do voto. Esta devolución debe efectuarse non máis tarde de 100 días tras a celebración dos comicios.

A pesar diso, unha vez máis, a nosa plataforma tivo coñecementos das mesmas incidencias que en eleccións anteriores: nin o voto é gratuíto nin os deficientes reembolsos están a abonarse nos prazos indicados na lei. Nos últimos días chegaron casos de cartas emitidas desde a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A (empresa a cargo dos reembolsos) nas que falta o código chamado MTCN, imprescindible para poder recibir a cobranza debida.
Ademais, como veu ocorrendo sistematicamente en todos os comicios anteriores, os importes para reembolsar non se corresponden co pago realizado inicialmente por quen votou desde o exterior. Por exemplo, chégannos casos de electores no Reino Unido – o país ao que chegaron antes as cartas para o reembolso – que no seu momento pagaron máis de 7 libras e están a recibir importes de entre 2 e 2,45 libras. Pode non parecer unha gran diferenza, pero dado que o desembolso foi moito maior noutros países (de ata 100 dólares, nalgúns casos), tememos que outros electores perdan unha suma considerable de diñeiro.

Ante a abafadora cantidade de queixas recibidas, desde Marea Granate vémonos obrigadas a denunciar o atropelo democrático que se está cometendo, máxime cando nos enfrontamos a unha ausencia flagrante de vías de reclamación precisas, tal e como advertimos en anteriores ocasións. Por todo iso iso, esiximos unha resposta clara por parte do Ministerio do Interior e Correos sobre a corrección de erros, así como un reembolso dos importes íntegros aos emigrantes. Adicionalmente, Marea Granate decidiu solicitar unha auditoría do proceso ao Portal de Transparencia do goberno.

Unha vez máis, as irregularidades demostran que é necesaria unha reforma integral da lei electoral, que garanta o dereito a voto da emigración en igualdade de condicións aos residentes no Estado español. A nova lexislatura é unha magnífica ocasión para avanzar definitivamente cara ao fin da exclusión dos españois e españolas residentes no exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas