GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos na diáspora, desde América ata Oceanía

(15/01/2020)

Os galegos na diáspora, desde América ata Oceanía

 

Atópanse asentados en 137 países dos 194 recoñecidos pola ONU // Suman algo máis de 456.000 e o continente americano reúne a máis da metade // África é o territorio menos atractivo para emigrar

 

FOTO: ECG

FOTO: ECG


El Correo Gallego
ÁNGEL ARNÁIZ


Aínda que de momento non hai galegos na lúa, en contra do que cantaba Zapato Veloz na súa Pandeirada Sideral alá por 1992, é moi posible que cando se colonice o satélite terráqueo, sexan dos primeiros en emigrar.

O que si é certo é a presenza de galegos na maior parte do mundo. Están asentados nos cinco continentes. Dos 194 países do orbe recoñecidos pola Organización de Nacións Unidas (ONU) atópanse en 137 desa lista, ben como emigrados orixinarios de Galicia, descendentes destes con pasaporte español ou estranxeiros nacionalizados pero con vinculación administrativa a algunha das catro provincias da comunidade.

Só hai nesa nómina de estados soberanos do mundo 57 nos que non consta a estancia de persoas cuxo orixe se sitúa na autonomía.

Eses galegos na diáspora sumaron o pasado ano un total de algo máis de 456.665. A maioría deles, 361.285, atópanse repartidos de norte a sur do continente americano. En Europa residen 91.884; en Oceanía, 1.746; en Asia, 1.025; e en África, tan só 728. Este territorio configúrase como o menos atractivo para o emigrante galego. Das 54 nacións que compoñen ese continente, en 20 delas non se rexistra a súa presenza estable.

Nesa lista figuran Congo, Chad, Benín, Burundi, Gabón, Liberia, Burkina Faso, Santo Tomei, Lesoto, Madagascar, Cimbabue, illas Comoras, Somalia, Ruanda, Eritrea e Xibutí, entre outros.

Aínda que con maior presenza, Asia e Oceanía, pola súa distancia, son dous continentes que tampouco figuran entre os preferidos polos nativos de Galicia para establecerse en busca dunhas mellores condicións de vida.

No caso de Oceanía, tan só en Australia e Nova Zelandia hai rexistros censuais de persoas procedentes de Galicia.

No mar de illas de Oceanía hai países exóticos nos que non consta presenza algunha de galegos como Fiyi, Nauru, Tuvalu, Tonga, Micronesia, Samoa ou as illas Marshall, entre outros.

En Asia tamén hai unha longa lista de países sen presenza galega, entre eles están Armenia, Mongolia, Nepal, Bután, Corea do Norte, Iraq, Turcomenistán e Iemen, entre outros máis.

No continente asiático son China, Emiratos Arabes Unidos, Xapón, Arabia Saudita e Filipinas os estados que concentran a presenza de galegos.

De acordo cos rexistros do pasado ano, no mundo hai 16 países nos que reside un só galego. Son os solitarios que, de seguro  fan de embaixadores da terra que levan no corazón e botan de menos.


CANLE FACEBOOK. Nesta rede social hai auténticas comunidades virtuais de emigrantes que, ademais de facer patria, en caso de marchar ao exterior poden ser de gran utilidade para calquera tipo de necesidade, desde atopar un aloxamento, un emprego, ou simplemente para coñecer a outros españois que vivan no teu novo país de residencia e intercambiar opinións con eles ou recibir consellos.

Nos grupos de galegos creados Facebook, entre outros, destacan: Galegos en Alemaña, en Hamburgo, Nuremberg, Hannover, Holanda, Suíza, a Irmandade Galega Na Suíza, Galegos en Berna, en París, Galegos en UK, Galegos morriñentos en Londres Galegos en Brasil, Centro galego de Londres, Centro galego de Montevideo, Irmandade galega de Venezuela, Galegos en Holguin (Cuba) e Casa de Galicia en Nova York.

Todos eles son pequenos recunchos da terra galega asentada na diáspora, nos que, ademais de información de interese, lémbranse, con abundante material gráfico, as tradicións, a cultura, a gastronomía e o folclore de Galicia que corre polas veas dos nativos.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas