GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 60 emprendedoras e emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa da Secretaría de Emigración de apoio ao retorno emprendedor

(20/01/2020)

Case 60 emprendedoras e emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa da Secretaría de Emigración de apoio ao retorno emprendedor

O orzamento total destinado a esta liña medra ata superar os 341.000 euros, un 70% máis do previsto inicialmente.

 

Ante a elevada demanda e o éxito de participación, o Goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo no caso de que sexa necesario. 

 

Desde a posta en marcha do programa, téñense impulsado 190 iniciativas empresariais en Galicia, a maior parte delas no rural ao incrementarse a axuda en 2.000 euros se o negocio se establece neste ámbito. 

 

A idade media das e dos beneficiarios sitúase nos 42 anos, procedendo de ata 20 países entre os que destacan Venezuela (22), Brasil (7) ou Reino Unido e Alemaña (4 cada un).

 

Imaxe de arquivo da visita de Antonio Rodríguez Miranda a un dos proxectos empresariais postos en marcha co apoio de Emigración

Imaxe de arquivo da visita de Antonio Rodríguez Miranda a un dos proxectos empresariais postos en marcha co apoio de Emigración

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2020.

 

Case 60 emprendedores galegas e galegos volveron a Galicia durante o 2019 grazas ao programa da Secretaría Xeral de Emigración de apoio ao retorno emprendedor. Deste xeito, o investimento achegado para facilitar a posta en marcha destas iniciativas empresariais ascendeu finalmente ata os 341.000 euros, cifra que supón un 70% máis do previsto na convocatoria inicial. 

 

“Os números desta orde son moi positivos, e amosan que estamos a cumprir un dos obxectivos do programa: que os emprendedores sintan Galicia como o mellor lugar para vivir e desenvolver os seus proxectos familiares e profesionais”, sinala Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, quen explica que, ante a elevada demanda e o éxito de participación, o Goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo aínda máis no caso de que sexa necesario. 

 

A través deste programa, a Xunta de Galicia busca incentivar o retorno de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior que queiran emprender un proxecto na Comunidade, en especial daqueles mozos e mozas da diáspora que desexen ter unha oportunidade laboral na súa terra de orixe. Neste sentido, cómpre salientar que a idade media dos beneficiarios e beneficiarias sitúase nos 42 anos.

 

Desde a posta en marcha desta liña, téñense impulsado 190 iniciativas empresariais en Galicia, a maior parte delas no rural ao incrementarse a axuda en 2.000 euros se o negocio se establece neste ámbito.  

 

Os case 60 proxectos deste ano estanse a impulsar por retornadas e retornados galegos procedentes de ata 20 países distintos, o que dá idea da importancia da orde na procura de ofrecer a todos os galegos e as galegas do exterior a posibilidade de volver á súa terra. Entre os países de procedencia, destacan as 22 persoas emprendedoras chegadas de Venezuela, as 7 do Brasil, as 4 de Reino Unido ou outras tantas de Alemaña. 

 

Medidas doutros departamentos do Goberno galego

 

Este programa configúrase como unha das liñas máis importantes que está a promover a Secretaría Xeral no marco da Estratexia Retorna 2020; unha estratexia transversal na que están implicados outros departamentos autonómicos, tanto na contratación de traballadoras e traballadores coma na creación de autoemprego para persoas emigrantes galegas retornadas. 

 

Así, nestes momentos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activas 4 liñas de axuda que suman 12 millóns de euros que están a fomentar tamén o emprego entre os galegos e as galegas que optan por volver á casa: o programa Aprol Economia Social, para o fomento do emprendemento na economía social; a liña Emprega Persoas con Discapacidade ou en Risco de Exclusión Social; o Emprega Muller, e o Emprega Parados de longa duración; todos eles dotados cun 25% máis de apoio no caso de que as e os beneficiarios sexan galegas e galegos retornados. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas