GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os estudantes retornados dispoñen de bolsas de ata 2.750 euros para cursar os seus estudos universitarios de grao

(21/01/2020)

As e os estudantes retornados dispoñen de bolsas de ata 2.750 euros para cursar os seus estudos universitarios de grao

A Consellería  de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas destinados ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para facilitar os estudos ante causas sobrevidas.

 

Esta liña forma parte da Estratexia Retorna 2020 que está a promover a Xunta de Galicia polo que teñen acceso a ela as e os emigrantes retornados que estean a cursar os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do SUG.

 

O Goberno galego amplía así o abano de posibilidades que se lle ofrecen ás e aos estudantes retornados, onde cabe destacar as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME, destinadas a estudos de postgrao nas universidades galegas.

 

Esta liña forma parte da Estratexia Retorna 2020 que está a promover a Xunta de Galicia

Esta liña forma parte da Estratexia Retorna 2020 que está a promover a Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020.

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que, por causas sobrevidas e imprevistas acontecidas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas, co obxectivo de garantir que poidan continuar os seus estudos, blindando o acceso aos mesmos. Un programa no que se inclúen as e os estudantes retornados que, deste xeito, teñen á súa disposición becas de entre 1.500 e 2.750 euros para proseguir os seus estudos universitarios. 

 

Esta liña forma parte da Estratexia Retorna 2020 que está a promover a Xunta de Galicia na procura de traer de volta á terra a máis de 20.000 galegas e galegos no período 2018-2020. Neste caso, o programa ábrese ás e aos emigrantes retornados que estean a cursar os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao en calquera das universidades do SUG.

 

Para solicitar a axuda teñen que estar matriculadas ou matriculados no curso 2019/20 nun mínimo de 50 créditos. E no caso do alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, deberá estar matriculado como mínimo de 30 créditos. Ademais, non poderá ter recibido esta axuda con anterioridade e a renda per cápita da unidade familiar non será superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2020 multiplicada por 1,50.

 

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e, opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

BEME


O Goberno galego amplía así o abano de posibilidades que se lle ofrecen ás e aos estudantes retornados, onde cabe destacar as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME, destinadas a estudos de postgrao nas universidades galegas ou á realización dun ciclo de Formación Profesional. 

 

Estas bolsas, enmarcadas tamén na Estratexia Retorna que está a impulsar a Secretaría Xeral da Emigración, ofrecen a 800 mozas e mozos do exterior a posibilidade de retornar a Galicia no período 2018-2020. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas