GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hana Jalloul, deputada de Madrid, nova secretaria de Estado de Migracións

(29/01/2020)

Hana Jalloul, deputada de Madrid, nova secretaria de Estado de Migracións



Hana Jalloul

Hana Jalloul


A REXIÓN INTERNACIONAL/AXENCIAS 28/01/2020


O Consello de Ministros aprobou na súa reunión de hoxe, a proposta do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o nomeamento de Hana Jalloul Muro como secretaria de Estado de Migracións. Tamén deu luz verde ao nomeamento de José María Casado como secretario xeral de Obxectivos e Políticas de Inclusión e Previsión Social, unha Secretaría Xeral de nova creación que responde o obxectivo de impulsar, deseñar e avaliar políticas que teñen por finalidade axudar á incorporación e á participación na sociedade, en igualdade de oportunidades, dos colectivos máis desfavorecidos.

Hana Jalloul Muro (Zaragoza, 1978) é doutora pola Universidade Complutense de Madrid polo departamento de Relacións Internacionais e Dereito Internacional Público. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Actualmente é profesora asociada da Universidade Carlos III e profesora na materia de Internacional Terrorism no Master de “Xeopolítica e Estudos Estratéxicos”, da mesma universidade, e deputada na Asemblea de Madrid.

Anteriormente, foi Junior Expert en dous proxectos da Comisión Europea no Líbano, asistente político na Misión de Observación Electoral da Unión Europea (MOE) para as eleccións parlamentarias libanesas 2009 e asesora na Delegación do Goberno en Madrid.

Pola súa banda, José María Casado García é doutor pola “London School of Economics” e Master en Economía polo “University College London”. Diploma de Estudos Avanzados en Fundamentos da Análise Económica pola Universidade de Zaragoza e Licenciado en Economía pola Universidade de Estremadura.

Economista Titulado do Banco de España desde 2009 no que desempeñou diversas funcións na División de Análise Microeconómica e de Política Monetaria. Na actualidade era Coordinador Adxunto do Programa de Revisión de Gastos ( Spending Review) e xefe do proxecto de Beneficios Fiscais da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal ( AIReF). As súas áreas de interese académico, nas que dispón de diversas publicacións en revistas internacionais, son a avaliación das políticas públicas, a desigualdade, a microsimulación fiscal, o comportamento do consumidor e a situación financeira das familias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas