GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O prazo para solicitar as axudas individuais destinadas aos galegos do exterior finaliza o próximo 5 de febreiro

(30/01/2020)

O prazo para solicitar as axudas individuais destinadas aos galegos do exterior finaliza o próximo 5 de febreiro


Redacción, Santiago | 29 Xaneiro 2020 - Crónicas da Emigración



Os galegos no exterior en situación de precariedade dispoñen de prazo ata o 5 de febreiro para solicitar as axudas económicas individuais que a Secretaría Xeral de Emigración contempla nos seus programas para colaborar coa diáspora.

Poderán beneficiarse destas axudas os emigrantes galegos, así como os seus fillos e netos maiores de 18 anos que posúan a condición de galegos e a nacionalidade española con, polo menos, un ano de antigüidade.

Os demandantes deberán xustificar algún destes supostos de necesidade: situación de precariedade na unidade familiar; dependencia ou enfermidade grave do solicitante ou no seo da familia; invalidez ou enfermidade; cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; violencia de xénero; desemprego e, no caso de Venezuela, situación de necesidade no seo familiar.

Os interesados en percibir esta axuda deberán realizar a solicitude a través dalgunha destas oficinas: as delegacións da Xunta en Buenos Aires e Montevideo, a Federación de Sociedades Galegas da Habana, a Irmandade Galega de Venezuela e, no caso de Brasil, a Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro, Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao en São Paulo, e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos. Tamén se poderán realizar as xestións a través da Secretaría Xeral de Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas