GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CERA cifra en máis de 460.000 os galegos que poderán votar o 5 de abril, 15.000 máis que en 2016

(12/02/2020)

O CERA cifra en máis de 460.000 os galegos que poderán votar o 5 de abril, 15.000 máis que en 2016


Redacción, Vigo | 11 Febreiro 2020 - Crónicas da Emigración


O número de galegos chamados a votar nas eleccións autonómicas do próximo 5 de abril supera os 460.000, segundo datos do CERA (Censo de Españois Residentes Ausentes) ao 1 de decembro de 2019. A cifra, a falta de que se publiquen os datos oficiais, eleva a case 15.000 o número de potenciais votantes con respecto ás autonómicas de fai catro anos, cando se situou en 446.235.

Segundo os datos do INE ao 1 de decembro de 2019, en Galicia hai 460.895 galegos rexistrados no CERA, dos cales, 159.420 corresponden á provincia da Coruña; 133.326 a Pontevedra; 100.865 a Ourense e 67.28 a Lugo.

Por lugar de asentamento, o maior número reside en Arxentina (164.842), seguido de Brasil (42.793), Cuba (41.708), Uruguai (36.761), Suíza (33.269), Venezuela (29.138), Estados Unidos (19.577), Francia (16.916) e Alemaña, que contabiliza 14.734.

O maior número de censados pola Coruña atópase en Arxentina, que rexistra 56.477. Uruguai, con 18.989, sitúase en segundo lugar, seguido de Suíza, con 16.227 e de Cuba, que contabiliza 11.250. Máis de 9.000 atópanse residindo en Venezuela, Estados Unidos e Brasil e máis de 7.000 en Reino Unido. En Francia superan os 4.000 os censados pola Coruña residentes nese país, mentres que en Alemaña contabilizan 3.676.

Arxentina tamén se sitúa como o país con maior presencia de lucenses acollidos (31.594). En segundo Lugar figura Cuba, con 13.384 e a distancia séguenlle Uruguai, Suíza, Venezuela, Estados Unidos e Francia, con máis de 2.000 cada un destes países. Con máis de 1.000 figuran Brasil e Reino Unido, mentres que Alemaña non chega ao milleiro.

Ourense contabiliza 29.258 galegos en Arxentina, máis do dobre dos que están censados en Cuba, que rexistra 12.873. Un total de 9.024 están Venezuela e 9.912, en Brasil. Suíza contabiliza 7.808; Francia, 5.243; Alemaña, 4.745 e Estados Unidos, 3.464. A presenza de galegos en México é de destacar por esta provincia, que, ao 1 de decembro de 2019, rexistra no CERA máis de 6.000 residentes no país azteca.

Por último, Arxentina tamén se sitúa á cabeza en número de rexistrados no CERA na provincia de Pontevedra. O país austral conta con 47.513 pontevedreses no censo, a segunda cifra máis alta das catro provincias. 21.540 residen en Brasil e 12.010., en Uruguai. 7.760 residen en Venezuela; 6.499, en Suíza; 5.509, en Alemaña; 5.286, en Francia, 4.576, en Estados Unidos e 3.201, en Cuba. Tamén sobresaen os 3.108 de Reino Unido e os 2.315 que viven en Portugal.

Todos eles están chamados ás urnas no proceso electoral que se vivirá en Galicia o próximo 5 de abril, segundo comunicou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG), publica hoxe a disolución do Parlamento de Galicia e a convocatoria de eleccións autonómicas, nas que se elixen un total de 75 deputados. Deles, 25 corresponden á provincia da Coruña; 14 a Lugo, outros tantos a Ourense e 22 a Pontevedra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas