GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

(12/02/2020)

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

Traslada o desexo de que as vindeiras convocatorias destas bolsas permitan a un grupo aínda máis numeroso beneficiarse delas.

 

Subliña que Arxentina é o país que máis bolseiros achega, seguido de Venezuela, Brasil, Reino Unido, Uruguai, México, Chile, Cuba, Alemaña, Panamá, Bolivia, Portugal, Costa Rica e Australia.

 

Incide na importancia de seguir construíndo unha galeguidade universal, aberta e acolledora.

 

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

Feijóo destaca a oportunidade das Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial

 

11 de febreiro de 2020.

 

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe na oportunidade que supoñen as Bolsas Mocidade Exterior para que os mozos da diáspora reforcen o vínculo coa Galicia territorial. E referiuse aos 164 mozos que participaron na última convocatoria como a proba de que Galicia é unha terra sen muros nin fronteiras.

 

Logo de trasladar o desexo de que as vindeiras convocatorias destas bolsas permitan a un grupo aínda máis numeroso beneficiarse delas, Feijóo subliñou que Arxentina é o país que máis bolseiros achega, seguido de Venezuela, Brasil, Reino Unido, Uruguai, México, Chile, Cuba, Alemaña, Panamá, Bolivia, Portugal, Costa Rica e Australia.

 

Así mesmo, cómpre salientar que cunhas idades que oscilan entre os 24 e os 31 anos, os mozos que solicitaron as bolsas de mestrado recibiron na última convocatoria unha contía que vai desde os 7.000 aos máis de 11.000 euros, dependendo do número de créditos e de se o país de orixe está en Europa.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta afirmou que con iniciativas como esta Galicia convértese “nunha oportunidade mutua”: nunha oportunidade para os que veñen, ao poder formarse en calquera das tres universidades ou nos centros de FP; e, tamén, para a propia comunidade, ao atraer talento galego do exterior, dixo, subliñando tamén a importancia de que as persoas novas e as familias da diáspora se instalen en Galicia, ante unha sociedade envellecida como a nosa.

 

Sobre este punto, lembrou que 2018 foi o ano con maior crecemento do retorno desde que hai rexistro, con máis de 7.000 persoas, das cales máis da metade -o 53%- menores de 45 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas