GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados de Ourense piden que actúe ao novo Goberno

(14/02/2020)

Os retornados de Ourense piden que actúe ao novo Goberno

 

La Región Internacional.

Lara Blanco 13/02/2020


Tras un parón invernal, os retornados retomaron de novo as protestas contra a Lei 35/2006. Os xardíns Pai Feijóo foron testemuñas unha vez máis da visibilización da loita do colectivo, encabezado pola plataforma de emigrantes retornados de Ourense, ata as dependencias de Facenda en Concordia cun claro berro: " Non somos defraudadores, fomos emigrantes", clamando contra unha normativa "desigual".

A constitución do novo Executivo, tras un tempo de inestabilidade, trae "esperanza" entre os retornados, que esperan que se poñan "a traballar". "Xa se falou de nós, agora queda que o novo Goberno faga algo porque non podemos continuar así", apunta Luís Quintas, presidente da plataforma. A pesar diso, teme todo o ofrecido quede en "nada". Para a campaña electoral ás eleccións galegas, queren poñer a súa situación sobre a mesa: "Teñen ante eles a ocasión de tratar o noso problema, que afecta a moitos galegos", comenta Quintas.

O resto de damnificados mantense alerta ante as medidas que poida tomar o Goberno, marcada como unha condición para lograr o apoio do deputado do BNG, Néstor Rego: "Mentres non teñamos unha resolución positiva, seguiremos saíndo a rúa", explica Laura Capas. Esta emigrante retornada cre que os políticos de hoxe terían que vivir o que pasaron moitos emigrantes nos anos 60: "Naquela época non se preocuparon por nós e agora chámannos a contas porque interesan os ingresos", comenta Capas.

Desde as mobilizacións mantéñense á expectativa de como serán tratados a partir de agora: "Temos a esperanza, polo menos sabemos que son conscientes do que está a pasar e quédanos que fagan algo", apunta Modesto Camoeiras, un dos afectados. A pesar de que as súas reivindicacións chegaron ao Congreso, María González considera que "xa as coñecían" e que non se fixo "nada": "En Madrid xa sabían o que nos pasa pero era mellor non facer caso e seguir levando os nosos cartos", afirma. Eles seguirán ata lograr o obxectivo, derrogar a Lei 35/2006.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas