GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Senado debaterá a semana próxima suprimir o voto rogado no exterior

(20/02/2020)

O Senado debaterá a semana próxima suprimir o voto rogado no exterior


EFE/Kiko Huesca
EFE/Kiko Huesca

La Región Internacional.

Axencia EFE 19/02/2020

O Senado volverá tratar a semana próxima a supresión da esixencia do voto rogado para os españois residentes no estranxeiro a partir dunha moción presentada polo grupo socialista que defenderá o senador Artemi Relo ante o pleno da Cámara Alta.

Segundo informou hoxe o grupo socialista, a moción instará o Goberno a promover, no prazo máis breve posible, unha iniciativa lexislativa que modifique a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para acabar co voto rogado, que obriga aos españois que viven fóra de España a manifestar expresamente a súa vontade de votar nos diversos procesos electorais.

Artemi Relo lembra que a reforma da LOREG aprobada en 2011 para facilitar o sufraxio dos españois no estranxeiro tivo un efecto "contraproducente" e ocasionou unha "drástica caída" na participación dos residentes no exterior nos comicios que se celebraron a partir de entón, apunta un comunicado do grupo.

Na súa opinión, o voto rogado “é unha situación inasumible ante a que os poderes públicos deben reaccionar por mandato constitucional expreso e para contribuír a fortalecer o vínculo con España dos compatriotas que residen no estranxeiro”.

O Congreso creou na XII Lexislatura unha subcomisión para analizar a lexislación electoral e centrou boa parte do seu traballo en estudar a eliminación do voto rogado, explica o senador por Castelló, quen lembra ademais que hai un ano o grupo socialista promoveu na Cámara Baixa unha reforma neste sentido que non se tramitou debido á disolución das Cámaras.

Non é a primeira vez que o Senado trata este asunto do voto exterior, e de feito en maio de 2017 todos os grupos da Cámara Alta puxéronse de acordo para apoiar a derrogación do sistema do voto rogado a partir dunha iniciativa do entón grupo parlamentario de Unidos Podemos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas