GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumentan os inmigrantes en situación irregular e a economía mergullada

(13/07/2009)

Aumentan os inmigrantes en situación irregular e a economía mergullada
EFE , Barcelona | 10/07/2009 -

CCOO constatou un aumento dos inmigrantes en situación irregular que traballan na economía mergullada, segundo dixo hoxe o director do Centro de Información para Traballadores Inmigrantes (CITE) de CCOO, Hassan Saliba.

Saliba presentou hoxe os últimos datos recollidos polo CITE, que nos últimos seis meses atendeu a 9.685 usuarios, dos cales o 40,10 por cento estaban en situación irregular, "unha cifra que foi subindo durante o último ano, e que nestes momentos xa é semellante á de 2005, antes da regularización".

O número de usuarios que traballan baixou ata un 52,71%, e entre estes, o 50,83% fano na economía mergullada.

O número de inmigrantes que traballan sen contrato laboral "empezou a aumentar co inicio da crise. A finais de 2008 era do 49 por cento dos usuarios do CITE e agora xa é do 53,8%", dixo Saliba.

Do mesmo xeito que ocorre coa cifra de inmigrantes irregulares, "o número de estranxeiros que traballan na economía mergullada xa se sitúa ao mesmo nivel que en 2005, antes da regularización extraordinaria".

Saliba recordou que antes de 2005, o CITE atendía a un gran número de inmigrantes en situación irregular que traballaban na economía mergullada porque "a bonanza económica e a falta de canles legais para contratación en orixe creara unha gran bolsa de traballadores inmigrantes en situación irregular".

Para liquidar esta situación, o Goberno levou a cabo no ano 2005 unha regularización extraordinaria que conseguiu que en 2006 a cifra de inmigrantes que traballaban na economía mergullada atendidos polo CITE baixase ata un 27 por cento.

"Pero xa estamos outra vez na mesma situación que antes da regularización", denunciou Saliba, que pediu ao Goberno que "tome medidas para loitar contra a economía mergullada".

Na súa opinión, "é necesario facer aflorar a economía mergullada dotando de recursos a inspección de traballo e incentivando as denuncias dos traballadores".

"Hai que facilitar a regularización por arraigamento laboral dos traballadores da economía mergullada que denuncian a súa situación", dixo.

Así mesmo, Saliba lamentou a "rixidez" do Goberno, que no último ano denegou a renovación do permiso a inmigrantes que perderan o seu traballo a consecuencia da crise.

"O pasado 16 de xuño as delegacións do Goberno recibiron a orde de flexibilizar as renovacións dos permisos, pero ata esa data a rixidez era moi forte e foi moi negativa porque empuxou á irregularidade a moitos inmigrantes que tiñan os papeis en regra", aclarou Saliba.

Doutra banda, as cifras de usuarios do CITE confirman o descenso de traballadores contratados en orixe que xa anunciou antonte a subdelegación do Goberno en Barcelona.

A regularización por arraigamento social foi a consulta máis solicitada polos inmigrantes no CITE durante os seis primeiros meses deste ano, seguida das renovacións de permisos e o reagrupamiento familiar.

Os permisos iniciais de residencia e de traballo, que durante moitos anos foran a consulta máis solicitada, pasaron ao cuarto lugar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas