GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de difusión da cultura galega 'Escolas Abertas'

(27/02/2020)

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de difusión da cultura galega 'Escolas Abertas'
 

A proposta do Goberno galego permite a alumnos de todo o mundo recibir formación especializada en gaita, baile, percusión, canto e confección a través dos docentes que participan no programa

 

Un total de oitenta profesores de entidades do exterior participarán nesta nova edición do programa

 

Por quinto ano consecutivo, Ourense é o lugar escollido para desenvolver a formación no mes de xullo

 

La Secretaría General de Emigración convoca el Programa de Difusión de la Cultura Gallega "Escuelas Abiertas"

 

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria do programa Escolas Abertas, que pretende facilitar o acceso á cultura galega aos galegos de todo o mundo a través de actividades presenciais, tanto de carácter teórico como práctico, dirixidas a docentes das comunidades galegas de fóra da Galicia territorial, para o ano 2020.

 

O prazo de presentación de solicitudes, qeu abre mañá, será dun mes, rematando o vindeiro 26 de marzo. Durante este período, os interesados en participar nesta iniciativa deberán facer chegar a documentación que os acredite como docentes. Esta nova edición do programa conta cun total de oitenta prazas, das que 18 están reservadas para profesores que impartan clase nalgún dos centros situados en Europa, e outras 62, para os do resto do mundo.

 

Escolas Abertas busca espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e a estadía de profesores que imparten clases en diferentes entidades galegas do exterior, que transmitirán a súa experiencia propia á súa vez aos alumnos nos seus lugares de orixe ou residencia habitual.

 

Os alumnos deste programa son, así, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega aos cidadáns da Galicia do exterior. O obxectivo da iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración e que, a través da instrución e mellora de habilidades dos docentes participantes na iniciativa, se acrecente o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nados, fóra da Galicia territorial.

 

Unha formación intensiva de 50 horas lectivas

 

Os cursos que se ofrecerán nesta nova edición do programa esténdense desde os obradoiros de especialización en gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, cociña galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego ata o de formación de persoal directivo. Esta última disciplina reserva, de haber solicitudes dabondo, o 70% das prazas para mulleres. Trátase dunha formación intensiva e de carácter participativo dirixida a docentes cunha duración mínima de 50 horas lectivas que conxugan teoría e práctica, e que se centran nas materias cunha maior demanda entre os centros do exterior. Impartida por profesionais e expertos con ampla experiencia. Por quinto ano consecutivo, Ourense foi o lugar escollido para desenvolver a formación no mes de xullo.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas