GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno destaca o «papel relevante» das mulleres nos procesos migratorios

(06/03/2020)

O Goberno destaca o «papel relevante» das mulleres nos procesos migratorios


Hana Jalloul Muro di que a maioría das persoas que saen dos seus países pola situación extrema que alí viven volverían facelo, a pesar das dificultades que atopan ao emigrar



La secretaria de Estado de Migraciones, Hana Jalloul y la directora general de Políticas Migratorias, Patricia Ruiz, en una imagen de archivo

A secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul e a directora xeral de Políticas Migratorias, Patricia Ruiz, nunha imaxe de arquivo


Global Galicia
A Voz 05/03/2020


O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións quixo conmemorar o Día Internacional da Muller 2020 dando voz ás mulleres migrantes nunha xornada celebrada este xoves en Madrid na que a secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul Muro, destacou o papel relevante que xogan as mulleres nos movementos migratorios mundiais en Europa e en España.

No acto participaron tamén a directora xeral de Migracións, Irune Aguirrezábal; a responsable das traballadoras marroquís na empresa onubense Bionest, Amina Mefetah; a directora xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade do Ministerio de Igualdade, Rita Bosaho; a avogada da oenegué Rescate, Mónica Avila; a traballadora social da Asociación Kif Kif, Khadija Afkir; e a presidenta da Fundación Raíces, Lourdes Reyzabal.

Durante a súa intervención na xornada Migración resiliente: a historia cóntana elas, a secretaria de Estado de Migracións lembrou que a inmensa maioría das persoas que deciden saír dos seus países pola situación extrema que alí viven volverían facelo a pesar das dificultades que atopan no traxecto ata o país de destino.

Tras escoitar as experiencias vitais contadas polas mulleres inmigrantes convidadas á xornada, Hana Jalloul Muro afirmou, en referencia ao fenómeno da inmigración, que «a historia de éxito destas mulleres non é chegar a Europa ou España, é poder ser elas mesmas e poder vivir con dignidade».

Ademais, Jalloul puxo en valor a importancia que terá para as políticas de inclusión do Goberno a creación da secretaría xeral de Obxectivos e Políticas de Inclusión e Previsión Social, dependente tamén do ministerio dirixido por José Luis Escrivá.

En relación co perfil das persoas migrantes que chegan ao noso país, a responsable de Migracións engadiu que «a maior parte dos solicitantes de asilo non veñen de Africa, tal como se cree, senón de Latinoamérica».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas