GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O DOG publica a orde da Secretaría Xeral da Emigración que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para obras e equipamentos, dotada con 575.000 euros

(12/03/2020)

O DOG publica a orde da Secretaría Xeral da Emigración que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para obras e equipamentos, dotada con 575.000 euros

A dotación económica ten por obxecto achegas para facer fronte aos labores de conservación e infraestrutura de instalacións, así como para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

 

O prazo de presentación de solicitudes desta liña de axudas remata o 13 de abril.

 

O departamento da Xunta ampliou, ademais, ata o vindeiro luns, 16 de marzo, o prazo de solicitudes das axudas para os gastos de funcionamento e actividades culturais dos centros galegos do exterior. 

 

Imaxe de arquivo do Centro Galego de México

Imaxe de arquivo do Centro Galego de México

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da orde da Secretaría Xeral da Emigración das axudas para actividades e gastos de funcionamento destinadas ás entidades galegas no exterior. Dotada con 575.000 euros, a contía destinada para estas axudas divídese en dúas liñas de actuación: unha primeira, para a reforma, rehabilitación e conservación, e unha segunda; para mellorar as dotacións e equipamentos de carácter inventariable.   

 

O departamento autonómico pon así en marcha unhas achegas que permiten subvencionar os gastos e proxectos que se vaian executar entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de setembro de 2020. O prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas abrirase mañá e estenderase ata o vindeiro 13 de abril.

 

Ampliación de prazo para gastos de funcionamento e actividades 

 

A Secretaría Xeral da Emigración vén de ampliar, así mesmo, o prazo de solicitudes das liñas de apoio para gastos correntes e propostas de índole cultural e social destinados ás entidades galegas. A nova data límite para presentar as peticións é o luns 16 de marzo.  

 

Esta ampliación busca dar resposta ás circunstancias especiais nas que se atopan países como Venezuela, Cuba, A Arxentina e O Uruguai, que poden presentar dificultades para reunir toda a documentación requirida. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas