GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Estado de Migracións suspende os procedementos de contratación en orixe durante a vixencia do estado de alarma

(26/03/2020)

A Secretaría de Estado de Migracións suspende os procedementos de contratación en orixe durante a vixencia do estado de alarma



foto ilustrativa


Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social 25/03/2020

 

  • A Dirección Xeral de Migracións resérvase o dereito de ditar novas instrucións para adaptar os procedementos iniciados durante a campaña de contratacións en orixe ás necesidades que existan cando finalice esta situación excepcional
  • A xestión colectiva de contratacións en orixe queda igualmente supeditada ao levantamento das restricións nas fronteiras exteriores

       

O Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións, a través da Dirección Xeral de Migracións, ditou unha instrución relativa á suspensión de prazos administrativos, que se recolle na disposición adicional terceira do real decreto 463/2020 do 14 de marzo que declarou o estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19.

Na mesma, establécese que quedan suspendidos todos os procedementos enmarcados na Orde TSM/1277/2019, que regula a xestión colectiva de contratacións en orixe para o ano 2020.

Así mesmo, determínase que, unha vez chegue ao seu fin a situación ligada ao estado de alarma vixente, e a condición de que se produza o levantamento das restricións nas fronteiras exteriores, a Secretaría de Estado de Migracións poderá emitir novas instrucións co fin de adaptar os procedementos iniciados en relación á campaña de contratación en orixe ás novas necesidades.

Como consecuencia da circunstancia derivada por esta situación excepcional, e a pesar de que se concedesen máis de 17.000 autorizacións de residencia e traballo, 11.865 traballadoras marroquís non poderán desprazarse de Marrocos a Huelva para a actual campaña de amorodo e froitos vermellos.

Con todo, a Secretaria de Estado de Migracións está a facilitar que a ausencia destas traballadoras poida ser suplida, parcialmente, coa prórroga dos contratos daquelas que xa están na provincia (hai xa 6.660), de maneira coordinada con empresarios, traballadores e axentes sociais. Dita medida é particularmente positiva, posto que o traballo inclúe aloxamento, e as mulleres marroquís a quen expire os actuais contratos non poden regresar a Marrocos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas