GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O programa 'Escolas Abertas' para fomentar a cultura galega no exterior inaugúrase mañá con 118 participantes

(13/07/2009)

O programa 'Escolas Abertas' para fomentar a cultura galega no exterior inaugúrase mañá con 118 participantes
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

O programa 'Escolas Abertas' 2009, que organiza a Secretaría Xeral de Emigración e ten como obxectivo principal promocionar a cultura galega no exterior, será inaugurado mañá ante a presenza dos 118 participantes.

Así, o subdirector xeral de Comunidades Galegas, Andrés Castro, será o encargado de dar a benvida aos alumnos nun acto que se desenvolverá no Monte do Gozo compostelán.

Nesta edición, a iniciativa contará cun total de catro modalidades: canto popular e percusión, gaita tradicional galega --nivel intermedio e avanzado-- e asociacionismo e información xuvenil.

Todas as actividades realizaranse nas instalacións do complexo do Monte do Gozo, excepto a modalidade de baile. Segundo indicou a organización, as clases prácticas terán a súa sede no Ballet Studio e as teóricas na facultade de Xeografía e Historia.

PAÍSES DE ORIXE

Así mesmo, sinalou que entre o alumnado deste ano atópanse tres españois, dos que un é un viúvo de Sevilla e dous veñen desde Madrid. Desde o centro de Europa desprazaranse dous alumnos de Colonia (Alemaña) e o resto de participantes virán de América: 38 de Bos Aires (Arxentina), 15 de Montevideo (Uruguai), 10 de Río de Janeiro (Brasil), un de México e outro de Chile.

Ademais das clases, que se impartirán en horario de mañá e tarde, cada grupo realizará dúas visitas, á Catedral e ao Museo do Pobo Galego, co propósito de completar a súa formación.

O acto de clausura celebrarase o próximo 22 de xullo ás 19.00 horas, na sala de conferencias do Monte do Gozo, onde intervirá o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, e entregaranse os diplomas

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas