GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno tranquiliza ao CGCEE sobre a continuidade das axudas e programas a favor dos españois no exterior

(31/03/2020)

O Goberno tranquiliza ao CGCEE sobre a continuidade das axudas e programas a favor dos españois no exterior


E. C., Vigo | 30 Marzo 2020 - Crónicas da Emigración


Irune Aguirrezabal.
Irune Aguirrezabal.


A directora xeral de Migracións, Irune Aguirrezabal, asegurou nunha carta dirixida aos membros do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior ( CGCEE) que “a vontade do Ministerio de Inclusión, Migracións e Seguridade Social é garantir a continuidade das prestacións, axudas asistenciais e a asistencia sanitaria que se presta a quen máis o necesitan, así como dos programas de subvencións e outras actuacións a favor dos emigrantes e retornados e as súas asociacións”.

Aguirrezabal, que lembrou que o Goberno ditou as instrucións precisas para combater a pandemia, asegurou que “neste difícil contexto internacional”, quería compartir cos conselleiros “as liñas de intervención que estamos a desenvolver na Dirección Xeral de Migracións a fin de garantir os dereitos da cidadanía española no exterior, eses máis de dous millóns e medio de compatriotas que viven fóra das nosas fronteiras, tal e como mandata a propia Constitución española, e pedirvos que nos axudedes a transmitir esta información aos residentes na vosa respectiva demarcación”.

A directora xeral explica na carta que actualmente os esforzos do Goberno están centrados na loita contra o COVID-19 e lembra que para os españois que se atopan no estranxeiro publicouse información relevante na páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación 

 

Ademais, explica que a Dirección Xeral de Migracións actualizou os portais dependentes da Secretaría de Estado de Migracións para garantir aos cidadáns residentes no exterior que poidan estar informados sobre a situación e dirixir as súas demandas a través das vías e ligazóns previstos para xestionar calquera asunto: Portal para a cidadanía española no exteriorMovilidad internacional e Carta de España.

 

Así mesmo, lembrou que están ao dispor dos membros do Consello Xeral e de todos os cidadáns no exterior, a rede de Consellerías no exterior, “para facilitarlles información e axuda”.

Irune Aguirrezabal tamén fixo fincapé na necesidade de transmitir a todos os españois no exterior as restricións á mobilidade ditaminadas polo Goberno e lembra que os españois residentes no exterior non deben regresar a España nos próximos meses “xa que lles afectan as restricións nas fronteiras exteriores”.

A carta conclúe co desexo de retomar “con ímpeto renovado” a actividade de reunións do Consello, “durante as cales poderemos ao fin coñecernos en persoa e celebrar que estamos xuntos”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas