GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de españois no estranxeiro rexistrados no PERE incrementouse en máis de 72.000 no último ano

(01/04/2020)

O número de españois no estranxeiro rexistrados no PERE incrementouse en máis de 72.000 no último ano


Redacción, Vigo | 31 Marzo 2020 - Crónicas da Emigración


O número de españois no estranxeiro rexistrados no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) alcanzou ao 1 de xaneiro deste ano a cifra de 2.618.592, o que supón 72.863 máis que en xaneiro de 2019 e arroxa un aumento en termos relativos do 2,9%.

América, con 1.576.350 censados (o 60,2% do PERE), é o continente onde máis españois teñen fixada a súa residencia, seguido de Europa, que rexistra 945.027 (36,1%). Moi por baixo sitúanse Asia (46.099), África (26.838) e Oceanía, con 24.278 españois nesa extensión de terra.

A pesar de que América concentra o máis alto número de censados neste Padrón, é Europa onde máis se incrementou durante o pasado ano a cifra de españois no estranxeiro. O vello continente rexistrou 44.868 españois máis, fronte aos 22.811 de América. En Asia hai 2.595 máis; en África, 1.675; e en Oceanía a cifra queda fixada en 914.

Reino Unido, Francia e Estados Unidos son os países onde se incrementou máis o número de españois asentados durante todo 2019. Os datos do PERE revelan 13.055 novos residentes españois en Reino Unido, mentres que en Francia chegouse aos 10.842 e en Estados Unidos, a 9.868. Arxentina, que se sitúa en cuarto lugar, acolleu a 7.853 e Alemaña, a 6.424. Con 4.354 figura México, mentres que en Suíza contabilizáronse 2.899, algo máis que en Cuba que rexistrou 2.450, e que Bélxica e Brasil, que deron acubillo a 2.373 e 2.194 españois, respectivamente.

Por baixo do dous mil rexistrados sobresaen os Países Baixos (1.734) e Irlanda, con 1.028.

Baixada en Venezuela

Cabe destacar a variación en negativo rexistrada en Venezuela, país que, debido á crise política e económica pola que atravesa desde hai algún tempo, non só non contabiliza a chegada de novos españois, senón que perde parte dos afincados. En 2019 perdeu 9.6134 ao pasar dos 151.915 que tiña ao 1 de xaneiro dese ano a 142.302 no mesmo mes de 2020. Tamén Uruguai rexistra menos rexistrados no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro. Nun ano perdeu 161 e ao 1 de xaneiro deste ano contabilizaba 67.414.

Á marxe das subidas, os países estranxeiros nos que residían máis persoas de nacionalidade española ao 1 de xaneiro deste ano eran Arxentina (473.519), Francia (273.290) e Estados Unidos de América, con 167.426, seguido de preto por Alemaña, con 167.151. Polo que respecta a Reino Unido, a cifra alcanza os 152.291. A continuación sitúanse Cuba, con 147.617; México, con 144.553; Venezuela, con 142.302; Brasil, 133.188; e Suíza que tamén supera os 100.000 e contabiliza 124.414 nacionais españois residentes. Os que menos rexistran son Marrocos (11.342), Suecia (11.235) e Irlanda, con 10.681 españois no censo.

Máis mulleres que homes

Atendendo ao número de españois no PERE por razón de sexo, as mulleres superan aos homes. Un total de 1.324.539 figuran inscritas nos cinco continentes, fronte a 1.294.053 homes, o que arroxa unha diferenza de máis de 30.000 a favor do colectivo feminino. 804.060 residen en América (fronte a 772.290 homes) e 476.568, en Europa (468.459). Nos demais continentes impera a poboación masculina. Así, en Asia, hai 26.094 homes contabilizados e 20.005 mulleres; en África, 15.046, fronte a 11.792 e en Oceanía, 12.164 por un total de 12.114.

Lugar de nacemento

Polo que respecta ao lugar de nacemento, do total de 2.618.592 persoas que integran o PERE, 838.006 naceron en España (o 32%); 1.524.407, no país de residencia (58,2%) e 249.458 (o 9,5%), noutros países. Non consta o lugar de nacemento de 6.721, o que supón o 0,3% deste censo. Diso dedúcese que dous de cada tres novas inscricións realizadas durante 2019 correspóndense con nados fóra de España.

Dos nados en España, 469.775 atópanse en Europa; 325.446, en América; 20.344, en Asia; 13.582, en Oceanía; e 8.859, en África.

Dos nados no lugar de residencia, 1.139.063 están en América; 342.853, en Europa; 18.645, en Asia; 15.941, en África, e 7.905, en Oceanía. O resto configúrano os nados noutros países distintos a España e ao lugar de residencia e aqueles de os que non consta o seu lugar de nacemento.

En canto á idade, dos máis de 2,6 millóns, 1.637.077 teñen idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos; 569.673 teñen 65 ou máis e 411.842 son menores de 16 anos. En América viven 960.402 persoas de entre 16 e 64 anos (fronte aos 618.821 de Europa); 422.697 de máis de 65 (136.092) e 193.251 menores de 16 anos (190.114).

Durante 2019 inscribíronse un total de 168.380 españois no PERE, dos cales, 100.401 teñen idades entre os 16 e os 64 anos, mentres que 8.260 teñen máis de 65 anos e 59.719, menos de 16. A maioría (83.888) inscribíronse en América e en Europa (70.292).

A estatística do PERE fórmase cos datos do Rexistro de Matrícula Consular de cada oficina consular de carreira ou sección consular das misións diplomáticas.

As inscricións obedecen a altas por nacemento, nacionalización, omisión e emigración de España ao estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas