GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Zapatero quere negociar acordos de repatriación de inmigrantes ilegais cando presida a UE

(14/07/2009)

Zapatero quere negociar acordos de repatriación de inmigrantes ilegais cando presida a UE
España proporá na súa presidencia da UE na primeira metade de 2010 "aumentar" os medios da Axencia Europea de Control de Fronteiras Exteriores (Frontex) contra a inmigración ilegal e alcanzar acordos para a repatriación de 'sen papeis' negociados a nivel europeo cos países de orixe e tránsito, avanzou hoxe o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. 



- Madrid - 13/07/2009

En rolda de prensa conxunta co primeiro ministro grego, Kostas Karamanlis, con quen falou da próxima presidencia española da UE, Zapatero recoñeceu que Frontex "necesita máis medios e compromiso dos países da Unión", pero advertiu de que para controlar a inmigración irregular resulta "esencial" construír unha política de cooperación na materia cos países de orixe e tránsito da inmigración, como a que España elaborou con Marrocos.

O fortalecemento da política europea de inmigración será unha das prioridades da presidencia española da UE, que apostará por que a Unión "lidere" as negociacións para conseguir acordos comúns de repatriación, en lugar dos pactos que existen de forma bilateral entre certos países comunitarios e africanos, segundo Zapatero. Karamanlis sinalou que os acordos de readmisión terán que ir acompañados de axuda financeira para os países africanos.

Zapatero destacou que a elaboración dunha política europea de asociación cos países emisores e de tránsito da inmigración debe constituír unha das grandes políticas exteriores dos Vinte e sete.

Para iso, Zapatero e Karamanlis acordaron propor nos próximos meses a creación de "un novo espazo de concertación política" ao redor da inmigración ilegal dentro da Unión polo Mediterráneo, a asociación que integra aos Vinte e sete cos seus veciños da ribeira sur. "Sen unha forte asociación, non se poden conseguir os obxectivos", advertiu o presidente español.

Karamanlis confiou en que a presidencia española da UE sirva para dar un "novo empuxe" á Unión polo Mediterráneo, unha iniciativa do presidente francés, Nicolas Sarkozy, que bebe do Proceso de Barcelona lanzado na década dos 90 a proposta de España.

Á marxe da inmigración, Zapatero e Karamanlis repasaron o estado da situación económica internacional e das perspectivas sobre a entrada en vigor do Tratado de Lisboa. Zapatero cualificou de "moi boas" as relacións entre España e Grecia, ao que se referiu como o país, xunto con Portugal, co que España máis coincide no político.

A prensa grega interesouse por se os dous líderes facían unha lectura en clave nacional dos pasados comicios europeos. Zapatero, como dixo en anteriores ocasións, indicou que as eleccións do pasado 7 de xuño eran para renovar o Parlamento Europeo e asegurou que o seu partido "sairá a gañar" nos próximos comicios xerais

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas