GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Polo menos unha ducia de galegos quedaron varados en Arxentina tras os peches de fronteiras

(02/04/2020)

Polo menos unha ducia de galegos quedaron varados en Arxentina tras os peches de fronteiras


Mariana Ruiz, Buenos Aires | 01 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


Polo menos unha ducia de galegos quedaron varados en Arxentina, como consecuencia das medidas dispostas para conter a pandemia do Covid-19. A maior parte está na cidade de Buenos Aires, pero tamén os hai que quedaron varados no interior do país. A expectativa que teñen todos eles é que poidan abordar un voo que os repatríe os primeiros días de abril.

Os consulados xerais de España en Buenos Aires e en Rosario son os que están a levar a cabo as xestións de coordinación para posibilitar o seu regreso.

A delegación do Goberno galego en Arxentina, que está en contacto con eles, tamén está a colaborar e contribuíndo nas xestións que levan adiante os devanditos consulados.

Varados en Rosario

A dous veciños do Grove e unha de Poio (Pontevedra), de vacacións en Arxentina, pillounos a corentena e quedaron varados na cidade de Rosario (Santa Fe), tras os peches de fronteiras dispostos polos gobernos de Arxentina e España, nun esforzo por conter a propagación do Covid-19.

Antonio Pontes e María del Pilar Rivera, do Grove, e Lina Bernárdez, de Poio, agardan que en breve un avión os repatríe.

Rivera expresou en declaracións aos medios de comunicación que están “esperanzados” en poder regresar pronto a España porque, segundo indicou, o Consulado de España en Rosario informoulles que “nos próximos días” chegarán “dous voos” para repatrialos.

Os tres chegaron á Arxentina o pasado 7 de marzo e a súa intención era regresar nun voo previsto para hai uns días que se cancelou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas