(03/04/2020)
03/04/2020
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu este xoves a razón a Bruxelas no seu pulso con Hungría , Polonia e República Checa por negarse a cumprir coas súas obrigacións de acollida de refuxiados fixadas no programa creado no 2015 para trasladar con urxencia ao resto de países da UE a miles de demandantes de asilo chegados a Italia e Grecia.
Na súa sentenza deste xoves, o tribunal con sede en Luxemburgo considera que eses tres países incumpriron as súas obrigacións derivadas do Dereito da UE ao negarse a acoller no seu territorio demandantes de asilo.
O TJUE afirma que Hungría, Polonia e República Checa non poden invocar o mantemento da orde pública e a salvaguardia da seguridade interior como motivos para non respectar o mecanismo temporal que os países do club comunitario aprobaron en setembro do 2015, co gallo da crise migratoria.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leien, asegurou hoxe nunha rolda de prensa que a sentenza é «importante» e que aínda que se refire ao pasado, servirá de guía para o futuro». O Executivo comunitario ten previsto presentar a súa nova estratexia migratoria despois de Semana Santa.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas