GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda asegura que mantén un estreito seguimento ás entidades galegas do exterior, e estuda actuacións extraordinarias para protexelas en caso de necesidade

(06/04/2020)

Miranda asegura que mantén un estreito seguimento ás entidades galegas do exterior, e estuda actuacións extraordinarias para protexelas en caso de necesidade

 

O secretario xeral da Emigración lembra que os prazos dos dous principais programas de colaboración cos centros galegos do mundo, cun orzamento conxunto de 1,7 millóns de euros, continúan abertos.

 

O responsable do departamento autonómico lanza unha mensaxe de tranquilidade aos centros do estranxeiro, cuxa situación ante a pandemia global do coronavirus se actualiza constantemente desde a Secretaría.

 

Imaxe de arquivo da visita, en abril de 2019, do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Marsella

Imaxe de arquivo da visita, en abril de 2019, do secretario xeral da Emigración ao Centro Galego de Marsella

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2020.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade ás preto de 200 entidades galegas que hai no exterior ás que asegurou que o departamento que dirixe está a facer un seguimento constante da súa situación. O contacto permanente cos centros galegos, dos que a practica totalidade ten as portas pechadas nestes intres, busca coñecer con exactitude como están a vivir a pandemia do coronavirus e como está a afectar tanto á institución como aos seus socios e socias. Deste xeito, o organismo autonómico será capaz de prever e poñer en marcha posibles medidas extraordinarias no futuro en caso de necesidade. 

 

O seguimento, que está a facerse de xeito continuo, pretende estar atento á evolución das diferentes entidades dentro da actual crise, xa que esta está a afectar de xeito moi diferente aos países con maior poboación galega, nomeadamente en Europa e América, onde a incidencia do coronavirus é moi dispar. Así, mentres os centros situados no Vello Continente foron, despois de Asia, os primeiros que están a chegar ao pico de máxima incidencia da pandemia, moitos dos Estados americanos vivirana con certa demora.

 

Dous programas e tres liñas de axuda

 

Todos eles están, en calquera caso, a tempo de solicitar algún dos dous programas de axudas económicas a entidades, que suman un orzamento total de 1,7 millóns de euros. A convocatoria da orde da Secretaría Xeral da Emigración das axudas para actividades  e gastos de funcionamento destinadas ás entidades galegas no exterior, por unha banda, está dotada con 575.000 euros e divídese en dúas liñas de actuación: unha primeira, para a reforma, rehabilitación e conservación, e unha segunda; para mellorar as dotacións e equipamentos de carácter inventariable. Estas achegas permiten subvencionar os gastos e proxectos que se vaian executar entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de setembro de 2020. 

 

A segunda das medidas, destinada contribuír cos gastos correntes e propostas de índole cultural e social destinados ás entidades galegas, conta con máis de un millón de euros de presuposto. A ampliación deste programa busca dar resposta ás circunstancias especiais nas que se atopan países como Venezuela, Cuba, A Arxentina e O Uruguai. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas