GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Feaer lembra que as asociacións de retornados seguen activas durante o estado de alarma

(20/04/2020)

A Feaer lembra que as asociacións de retornados seguen activas durante o estado de alarma


Redacción, Vigo | 17 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


A presidenta da Federación Española de Asociacións de Emigrantes e Retornados (FEAER) lembra que as asociacións adscritas a esta Federación seguen activas durante o estado de alarma decretado polo Goberno.

“Para evitar a propagación do virus Covid-19 –explica Foncubierta– adoptamos nas nosas sedes, todas as medidas de obrigado cumprimento ou recomendadas polas autoridades encamiñadas á protección do noso colectivo, os nosos traballadores e persoal voluntario, tendo en conta que os nosos usuarios pertencen a un colectivo de risco debido á  idade”.

Aínda que suspenderon temporalmente a atención presencial, as asociacións cumpren estritamente coa súa actividade laboral. “O cento por cento dos nosos técnicos cobren os seus postos de traballo nos distintos departamentos, dándolles a opción de realizar as súas actividades polo método do teletraballo. Fomentamos as reunións por videoconferencia e tomamos medidas de conciliación entre a vida persoal e laboral”, apunta a presidenta da Feaer. Pódese contactar coa Federación polas canles habituais, teléfono, fax e correo electrónico.

En definitiva, afirma Eva Foncubierta, adoptaron nas súas entidades todas as medidas que fagan posible sacar adiante os documentos con carácter de urxencia e que teñan prazo de execución, “pero sen poñer en risco a saúde dos usuarios, dos traballadores ou voluntarios, buscando alternativas á atención personalizada do mesmo xeito que se adoptou na administración pública”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas