GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Suspendidos os cursos de verán de lingua e cultura ‘Galego sen fronteiras’ da Real Academia Galega

(24/04/2020)

Suspendidos os cursos de verán de lingua e cultura ‘Galego sen fronteiras’ da Real Academia Galega


Redacción, Vigo | 23 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


A Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela suspenderon a 33ª edición dos cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ no que cada ano participan alumnos de países de distintos continentes.

A dirección dos cursos emitiu un comunicado no que lamenta ter que tomar esta decisión, pero asegura que o fixo pensando na seguridade e saúde do alumnado. O anuncio, explican, realízase coa antelación debida para evitar os problemas e inconvenientes que unha anulación posterior podería causar ás persoas que tivesen planificada a súa asistencia, tendo en conta tamén a situación de incerteza que aínda persiste sobre a posibilidade de desenvolver docencia presencial no mes de xullo de 2020.

O acto de recepción do alumnado da 33ª edición dos cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, que se desenvolven co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, estaba previsto para o próximo 2 de xullo, e abriría un calendario de tres semanas de aulas de lingua, relatorios, actividades culturais e excursións polo país.

Desde a súa creación en 1988, polas aulas dos cursos pasaron máis de 2.500 alumnos, entre eles moitas das persoas que actualmente desenvolven un labor destacado no estudo da lingua e da literatura galegas fora de Galicia. As institucións organizadoras esperan poder volver convocar ao alumnado de todo o mundo en Compostela en xullo de 2021, xa con esta situación excepcional definitivamente superada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas