GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Estado de Migracións mellora a cobertura sanitaria a pensionistas españois residentes en Venezuela

(30/04/2020)

A Secretaría de Estado de Migracións mellora a cobertura sanitaria a pensionistas españois residentes en Venezuela


Redacción, Madrid | 29 Abril 2020 - Crónicas da Emigración


A secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul Muro, asinou, este martes 28 de abril, unha adenda a través da cal se materializa o compromiso do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións de mellorar a cobertura sanitaria a pensionistas españois residentes en Venezuela. Con esta iniciativa amplíase a contía inicialmente prevista –ao longo do período de vixencia do convenio– en máis de tres millóns e medio de euros, así como o número de beneficiarios, que pasa de 1.908 a un total de 2.747.

Na actualidade, o número total de perceptores da prestación por razón de necesidade e ‘Nenos da Guerra’ no mundo é de 11.289 persoas, mentres que o número de beneficiarios da asistencia sanitaria previstos para o ano 2020 é de 5.742 persoas. Coa finalidade de materializar esta asistencia sanitaria, a Secretaría de Estado de Migracións mantén na actualidade 19 convenios de colaboración con 15 países; Brasil e Bolivia, pola súa extensión xeográfica e a dispersión da poboación beneficiaria, contan con catro e dous, respectivamente.

En total, e só en 2020, a contía investida na asistencia sanitaria para pensionistas españois residentes no estranxeiro supera os 6,8 millóns de euros.

Entre os dereitos que o Estatuto da Cidadanía Española no Exterior recoñece figura o relativo á protección da saúde coa finalidade última de equiparar a que se concede aos residentes no exterior coa que se presta polo Sistema Nacional de Saúde en España, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 40/2006, do 14 de decembro. Deste xeito, o Real Decreto 8/2008, do 11 de xaneiro, no que se enmarca a prestación por razón de necesidade a favor dos españois residentes no exterior e retornados, regula a prestación de asistencia sanitaria en diversos escenarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas