GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes xubilados que retornen a Galicia recibirán a mesma prestación farmacéutica que dá a Seguridade Social

(15/07/2009)

Os emigrantes xubilados que retornen a Galicia recibirán a mesma prestación farmacéutica que dá a Seguridade Social
EUROPA PRESS - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 14-07-2009 Os emigrantes xubilados que regresen a Galicia e posúan o Cartón Sanitario Europea recibirán a ?mesma prestación? farmacéutica que os asegurados na Seguridade Social española, segundo informou a Consellería de Sanidade.

Para iso, Sanidade redactou unha instrución pola que, en aplicación dunha orde estatal, os emigrantes retornados pensionistas noutros países da Unión Europea e posuidores do Cartón Sanitario Europea, recibirán nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde a mesma prestación farmacéutica que os asegurados da Seguridade Social.

Sanidade recordou que o Cartón Sanitario Europea é o documento válido para acreditar a asistencia sanitaria ás persoas residentes nun país da Unión Europea que se trasladan a España, sendo a súa asistencia sanitaria a mesma que a que ten un asegurado do réxime da Seguridade Social española.

Coa redacción desta instrución a Consellería de Sanidade fai efectivo o decrecho á prestación farmacéutica de modo que, con ela, Galicia entre no recoñecemento dun dereito fundamental da cidadanía europea: a portabilidad dos dereitos pasivos dos pensionistas europeos.

Por iso, todo cidadán portador do Cartón Sanitario Europea que acredite a súa condición de pensionista pola lexislación do seu país terá dereito á mesmas prestación farmacéutica que un asegurado pensionista da Seguridade Social en España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas