GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os viaxeiros internacionais deberán gardar corentena á súa chegada a España

(13/05/2020)

Os viaxeiros internacionais deberán gardar corentena á súa chegada a España

 

Terminal 4 del aeropuerto madrileño Adolfo Suárez Madrid Barajas, prácticamente vacía ante la ausencia de vuelos por el Estado de Alarma. EFE/ Kiko Huesca

Terminal 4 do aeroporto madrileño Adolfo Suárez Madrid Barallas, practicamente baleira ante a ausencia de voos polo Estado de Alarma. EFE/ Kiko Huesca



A Rexión Internacional
Axencia EFE 12/05/2020

 

As persoas procedentes doutros países deberán someterse obrigatoriamente a unha corentena de 14 días á súa chegada a España a partir deste venres, 15 de maio, e mentres continúe o estado de alarma, segundo unha orde do Ministerio de Sanidade publicada polo Boletín Oficial do Estado.

A orde establece as condicións de corentena ás que deberán someterse os viaxeiros internacionais, e lembra que esta media veuse aplicando ás autorizacións excepcionais outorgadas para as repatriacións de españois e residentes en España procedentes de Italia.

Pero incide en que a "favorable evolución" da situación epidemiolóxica e o inicio da desescalada fan preciso reforzar as medidas de control, de acordo á distribución mundial do virus e en base ao principio de precaución.

Á súa chegada a España, os viaxeiros estarán obrigados a gardar corentena durante 14 días no seu domicilio ou aloxamento e deberán limitar os seus desprazamentos á adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade; a asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; e aos que obedezan a causas de forza maior.

Todos os desprazamentos realizaranse obrigatoriamente con máscara e deberán observar todas as medidas de hixiene e prevención da transmisión da enfermidade provocada polo coronarivus, en especial ao que se refire ao contacto con quen conviva.

As autoridades sanitarias poderán contactar coas persoas en corentena para realizar o seu seguimento, pero se teñen síntomas como febre, tose, dificultade respiratoria, malestar xeral ou outros síntomas de caso sospeitoso de COVID-19 deberán chamar aos servizos sanitarios e indicar que se atopan en corentena por proceder do estranxeiro.

Destas medidas quedan exceptuados os traballadores transfronteirizos, transportistas e as tripulacións, así como os profesionais sanitarios que se dirixan a exercer a súa actividade laboral, sempre que non estivesen en contacto con persoas diagnosticadas de coronavirus.

As axencias de viaxe, os operadores de turismo e compañías de transporte deberán informar os viaxeiros destas medidas ao comezo do proceso de venda dos billetes con destino no territorio español.

No caso de aeronaves as compañías deberán facilitar un formulario de saúde pública para localizar aos pasaxeiros ( Passanger Location card), que deberá ser entrado polo viaxeiro á chegada a España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas