GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSdeG-PSOE de Ourense ofrece asesoramento aos emigrantes retornados de Alemaña

(15/05/2020)

O PSdeG-PSOE de Ourense ofrece asesoramento aos emigrantes retornados de Alemaña


A Rexión Internacional 15/05/2020


O secretario provincial de emigración, Luís Gulín, mantivo contacto coa AOK, o organismo que xestiona en Alemaña a asistencia sanitaria á maior parte dos retornados

Os socialistas ourensáns informan de que “co aumento do 3% anual da pensión, moitas mulleres pasarán o límite de 450€ anuais que lles permitía beneficiarse do seguro médico familiar” e apuntan que “deberán solicitar a titularidade do seguro médico”.

O PSdeG-PSOE de Ourense anuncia, unha vez máis, o seu asesoramento e a súa disposición en axuda dos colectivos de emigrantes retornados de Alemaña, que o próximo 1º de xullo verán cambiada a normativa de asistencia sanitaria, de tal forma que moitos dos retornados, especialmente mulleres, deberán solicitar a titularidade do seguro médico, ao non poder beneficiarse xa do seguro médico familiar, debido ao aumento anual do 3% da pensión, o que fará que moitas mulleres pasen do límite dos 450 euros anuais que lles permitía beneficiarse do seguro médico familiar.

Varios emigrantes retornados de Alemaña de primeira xeración que se foron a ese país nos anos 60 dirixíronse á Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense preocupados polas cartas informativas da Seguridade Social de Alemaña que están a recibir.

“Estáselles advertindo que as súas respectivas mulleres xa non poden seguir no seguro médico dos seus maridos”, explica o secretario provincial de Emigración Luís Gulín, que tamén destaca que “se dá a circunstancia de que ambos os conyugues cobran só pensión de Alemaña, un deles, principalmente a muller, por ter unha pensión máis baixa, está forzosamente incluída no seguro médico alemán como beneficiaria familiar”. Agora, por un cambio lexislativo do último ano en Alemaña hai modificacións que afectan a algunhas mulleres do colectivo de retornados do país teutón, moitas delas octoxenarias.

O secretario provincial de Emigración, Luís Gulín, púxose en contacto coa AOK, o organismo que xestiona en Alemaña para a maioría dos retornados a asistencia sanitaria, solicitando información. Segundo puido saber Gulín, “efectivamente, todas aquelas mulleres que cobran pensión exclusiva de Alemaña, sen retencións para o seguro médico e o seguro de dependencia, estaban incluídas no seguro familiar como beneficiarias”. “A partir do 1º de xullo teñen que modificar ese status porque co aumento do 3 por cento anual da pensión van pasar o límite de 450 euros mensuais que lles permitía seguir como beneficiarias”, afirma Gulín. A partir dese momento, teñen que solicitar ser titulares do seguro médico, dándose de baixa do seguro familiar. Isto implica, a maiores, que á pensión aplicaráselle unha retención do 11 por cento como achega ao seguro médico e ao seguro de dependencia.

A Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense púxose ao dispor dos afectados para axudarlles nos trámites en canto lles cheguen os requirimientos de modificación de status, que paralelamente hai que comunicar tamén á Seguridade Social de España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas