GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marea Granate denuncia a falta de medidas para garantir o voto o 12- J no contexto de crise sanitaria

(28/05/2020)

Marea Granate denuncia a falta de medidas para garantir o voto o 12- J no contexto de crise sanitaria


Redacción, Vigo | 27 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


A plataforma Marea Granate denuncia a “ausencia total de medidas propostas que puidesen aplacar a imposibilidade de facto do voto emigrante este próximo 12- J” e pide a ampliación dos prazos “todo o legalmente posible”.

Segundo explican, ás dificultades xeradas polo voto rogado, o contexto de crise sanitaria no que se van a celebrar as próximas eleccións galegas e vascas vai dificultar aínda máis o dereito ao voto debido á imposibilidade dos desprazamentos aos consulados, cuxos servizos consulares están baixo mínimos ou mesmo non operativos, e serias anomalías de funcionamento nos servizos postais en todo o mundo, con nulas garantías de recepción e envío da documentación electoral.

Nun comunicado, Marea Granate explica que o exercicio do voto será especialmente complicado para os emigrantes que queiran inscribirse por primeira vez e para os residentes temporais no exterior e pregunta se as administracións correspondentes pensaron en inscricións e solicitudes de voto a distancia para estes casos.

En relación ao rogo do voto, e tendo en conta que moitas persoas xa o solicitaron para a convocatoria anulada do 5 de abril, pregunta se se considerou a posibilidade de que eses rogos sexan efectivos ou, polo menos, que as anteriores claves telemáticas sexan válidas.

Segundo explican, tanto o rogo vía telemática, que require as claves enviadas pola Oficinas do Censo por carta a cada elector, como o rogo postal serán moi difíciles polos problemas nos envíos postais. Neste contexto, explican, o fax é a última opción para poder rogar o voto e por iso piden facilidades para poder utilizalo como ofrecer información precisa, incrementar o número e dar acuse de recibo.

A ampliación dos prazos tanto para os envíos de documentación electoral desde España como para os envíos postais dos votos aos consulados é outra das demandas de Marea Granate.

Ademais, esta plataforma solicita a preparación dun protocolo sanitario para que os emigrantes poidan votar de forma segura nos consulados e para garantir o envío de valixas diplomáticas, xa que deben mandarse en voos directos e, na maioría dos casos, están suspendidos os voos desde e ata España. Segundo argumentan, é difícil prever a situación aérea en xullo e por iso consideran que é necesario ter un plan de continxencia para un escenario con poucos voos. Neste sentido, esixen “transparencia sobre o envío de votos ata as Xuntas Electorais correspondentes e o compromiso de que estas poderán ser enviadas e recibidas a tempo para o reconto”.

Ademais, demandan un incremento das contratacións en correos para poder atender o previsible aumento de votos por correo, incluíndo ás persoas residentes en Galicia e País Vasco que queiran evitar comparecer nos colexios electorais.

Marea Granate finaliza o comunicado reiterando unha vez máis, a necesidade de reformar canto antes a Loreg para garantir a viabilidade do voto exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas