GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O voto exterior de Arxentina podería sufrir unha desfeita polas medidas do Goberno de Fernández para sortear o coronavirus

(01/06/2020)

O voto exterior de Arxentina podería sufrir unha desfeita polas medidas do Goberno de Fernández para sortear o coronavirus


E. F., Vigo | 30 Maio 2020 - Crónicas da Emigración


Alejandro López Dobarro, delegado de la Xunta en Argentina y Uruguay.

Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta en Arxentina e Uruguay.


As medidas adoptadas o pasado 19 de marzo polo Goberno de Arxentina para sortear os efectos do coronavirus poderían afectar de modo alarmante ao voto dos galegos residentes nese país con vistas ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo.

O goberno de Alberto Fernández anunciou esta fin de semana unha nova extensión da corentena ata o 7 de xuño, inclusive, e todo apunta –a teor das declaracións do ministro de Saúde da Cidade de Buenos Aires, Fernán Quirós– a que o período de contaxios prolongarase entre seis e dez semanas, polo que coincidirá co proceso de solicitude e envío do voto por correo, segundo advirte o delegado da Xunta en Buenos Aires e Montevideo, Alejandro López Dobarro, en conversación telefónica con ‘Galicia no Mundo’.

Ademais, o illamento social, preventivo e obrigatorio mantén pechados as embaixadas e os consulados e con escasa actividade no servizo de correos, polo que a posibilidade de realizar os trámites para poder emitir o sufraxio nesta ocasión ponse, se cabe, aínda máis costa arriba do que xa vén ocorrendo co voto do exterior.

En Arxentina “non hai demasiado clima de campaña”, asegura o delegado da Xunta en Buenos Aires. A pendente de contaxio “está a subir”, sobre todo nos barrios pobres, apostila, e as cifras falan xa de máis de 14.000 contaxiados e máis de 500 falecidos. Que “non son moitos, pero desde o punto de vista humano, si o son”, comenta López Dobarro, quen tan só coñece dous casos de afectados entre a colectividade en Arxentina: o secretario da Asociación de Xubilados e Pensionados, que evoluciona favorablemente, e a filla do presidente do Centro Galego de Santa Fe, quen, ao parecer, contaxiouse durante a súa estancia en Canadá.

Outro dos factores que xogan en contra da normalización do país é a estación do ano en que se atopa, xa que camiña cara ao inverno, o que tampouco axuda para enfrontar a pandemia, polo que hai que ver “en que condicións está o país na semana previa ao 12 de xullo”, remarca o delegado.

Máis de 5.000 solicitudes desde Arxentina en 2016

O país austral é, con diferenza, o que máis galegos rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) contabiliza. Para as eleccións do 12-X hai rexistrados un total de 165.762 dos 463.163 que compón este censo na comunidade autónoma de Galicia.

Nas anteriores eleccións autonómicas galegas (2016), solicitaron o voto desde Arxentina 5.764 persoas do total de 17.817 peticións realizadas para estes comicios. “Ou moito me equivco, ou o voto en Arxentina vai caer moito” nesta ocasión, comenta o delegado. A distancia seguíronlle Cuba, con 2.184; Uruguai (1602), Suíza (1.553), Venezuela (1.043) e en sexto lugar figura Brasil, outro dos países especialmente afectados polo virus no novo continente, que aparece como o segundo con máis galegos rexistrados no CERA (máis de 43.000), pero que en 2016 rexistrou só 884 solicitudes de voto.

A corentena obrigatoria comezou a rexer en Arxentina ás 00 horas do venres 20 de marzo, polo que xa van máis de dous meses desde o inicio das primeiras medidas. O confinamento rexía ata o 31 de marzo, pero logo foise estendendo en catro ocasiones: primeiro ata o 12 de abril, logo ata o 26, despois ata o 10 de maio e logo ata o 24 de maio. Tras a quinta extensión, o illamento social rexerá ata o 7 de xuño, polo que se totalizarán 79 días de corentena.

No caso de Uruguai, nesta república a situación está máis controlada. “Estase aínda facendo unha vida con certo distanciamento, pero a xente está na rúa e facendo a súa vida, salvo a xente maior”, asegura o delegado tamén nesta capital do Cono Sur.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas