GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As oficinas de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado da Secretaría Xeral da Emigración retoman a atención presencial nas catro provincias

(04/06/2020)

As oficinas de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado da Secretaría Xeral da Emigración retoman a atención presencial nas catro provincias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, considera “imprescindible que os retornados conten cun sistema integral de orientación personalizada” nestes momentos de incerteza económica.

 

As cinco sedes abriron esta semana as súas portas en horario de mañá, de 9 a 14:30 horas, ampliando deste xeito a atención telemática mantida en todo momento.

 

Imaxe de arquivo da visita á sede en Vigo da Oficina de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado do secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta na cidade olívica

Imaxe de arquivo da visita á sede en Vigo da Oficina de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado do secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta na cidade olívica

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020.

 

As oficinas de Asesoramento e Seguimento ao Retornado da Secretaría Xeral da Emigración están a retomar a atención presencial logo da suspensión temporal derivada das restricións impostas polo Estado de Alarma en España. O servizo de atención tanto telefónica como a través do correo electrónico seguiu operativo durante estas dez semanas, nas que o persoal técnico encargado de orientar de xeito personalizado aos galegos e galegas que veñen de regresar á comunidade contestaron todas as consultas recibidas. 

 

Así, desde principios desta semana a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Emigrante Retornado volve contar cun servizo de consulta física, que se irá ampliando progresivamente a medida que mellore a situación sociosanitaria de Galicia respecto á pandemia do coronavirus. Polo de agora, a opción presencial ofrécese en todas as súas sedes de 9 a 14:30 horas, horario que irá aumentado paulatinamente. A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo atenden, deste xeito, a todos aqueles galegos e galegas que retornaran a Galicia para acompañalos en todo o proceso de regreso para facilitarlles a súa integración social e laboral. As persoas interesadas poden acudir a estas oficinas solicitando cita previa a través do teléfono ou do Portal Retorna de GaliciaAberta, a web da Secretaría Xeral da Emigración (emigración.xunta.gal).

 

Información detallada e adaptada

 

O titular do departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, considera “imprescindible que os retornados conten cun sistema integral de orientación personalizada nestes momento de incerteza social e económica”. Nestas oficinas, os usuarios e usuarias recibirán información detallada sobre as diferentes axudas recollidas na Estratexia Galicia Retorna 2020 actualmente en vigor, e adaptada ao perfil de cada solicitante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas