GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Exteriores destina 499.000 euros a subvencións a entidades que axudan a españois no exterior sen recursos

(17/06/2020)

Exteriores destina 499.000 euros a subvencións a entidades que axudan a españois no exterior sen recursos


Redacción, Madrid | 17 Xuño 2020 - Crónicas da Emigración

 

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación destina un total de 499.000 euros ás axudas a institucións asistenciais que prestan axuda a españois no exterior en situación de necesidade. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este martes 16 o extracto da Orde pola que se convocan estas subvencións para 2020.

Poderán ser beneficiarios destas axudas, segundo explica a Orde, as entidades ou institucións asistenciais con personalidade xurídica de dereito privado, domiciliadas no estranxeiro, que presten axuda a cidadáns españois no estranxeiro en estado de necesidade e carentes de recursos propios, co fin de estimular, compensar e complementar a actuación asistencial das devanditas institucións.

O importe total das axudas será de 499.000 euros e a contía individualizada de cada subvención non poderá exceder de 40.000 euros. Ademais, a suma das contías de todas as subvencións que se concedan ás institucións asistenciais que operan nun mesmo país non poderá exceder de 250.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no BOE –mércores 17–.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas