GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social rexistrou 2.030.477 ocupados estranxeiros de media en xuño

(21/07/2020)

A Seguridade Social rexistrou 2.030.477 ocupados estranxeiros de media en xuño


camarera

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

21/07/2020


• Son 20.593 afiliados estranxeiros máis de media que en maio

• Construción e hostalería son os sectores que máis afiliados suman

• Os ocupados estranxeiros supuxeron en xuño un 10,90% do total


A Seguridade Social rexistrou 2.030.477 afiliados estranxeiros de media en xuño, o que supón un incremento de 20.593 ocupados respecto ao mes anterior (1,02%).

 

Os sectores que máis sumaron, dentro do Réxime Xeral, foron Construción (7,09%), Hostalería (5,95%) e Administración Pública e Defensa (4,61%).

 

A último día de mes, por outra banda, contabilizáronse 2.011.827 afiliados estranxeiros. Se tomamos en conta a cifra do peche de xuño, recuperáronse 45.435 afiliados estranxeiros desde o último día marzo, mes en que se empezou a constatar o impacto da pandemia en COVID-19 no mercado laboral e que terminou con 1.966.392 ocupados foráneos.

 

A variación interanual é negativa, (-6,78%), como ocorre desde abril. A afiliación deste colectivo contabilizou de media 147.792 activos menos que en xuño do ano pasado.

 

No conxunto do sistema da Seguridade Social, os ocupados estranxeiros representaron un 10,90% do total de media.


evolucion


Do total, 1.268.659 procedían de países de fóra da UE e o resto (761.818), de países comunitarios. Un 56,76% foron homes (1.152.416); mentres que as mulleres supuxeron o 43,24% (878.061).


Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos foron os de persoas procedentes de Romanía (334.221), Marrocos (254.664), Italia (123.155) e China (92.385). Seguíronlles os traballadores nacionais de Colombia (74.978), #Ecuador (68.916), Reino Unido (67.793), Venezuela (64.465) e Bulgaria (59.358). Tamén se rexistraron máis de 50.000 afiliados procedentes de Portugal (54.728).


Afiliación de estranxeiros media mensual

 

Os datos de afiliación media de estranxeiros reflicten en xuño un incremento de 20.593 ocupados respecto a a media de maio (1,02%), ata situar o número total en 2.030.477 traballadores.

 

Sumaron afiliados estranxeiros a maior parte das comunidades autónomas encabezadas por Castela-A Mancha (11,07%), Aragón (6,81%) e Estremadura (6,26%). Perderon traballadores estranxeiros Andalucía (-7,79%), Murcia (-4,67%), A Rioxa (-1,96%) e Navarra (-1,07%). Tamén restaron Ceuta (-5,22%) e Melilla (-1,70%).

 

Por réximes, como é habitual, a maioría dos afiliados estranxeiros encadrouse no Réxime Xeral, con 1.674.965 traballadores (inclúe o Sistema Especial Agrario, con 225.735 ocupados, e o de Hogar, con 157.425). Seguiulle o Réxime de Autónomos con 350.875 afiliados; o Réxime Especial do Mar, con 4.602, e o do Carbón, con 35.

 

O Réxime Xeral sumou de media no mes un 0,82% de afiliados estranxeiros. Os sectores que máis incremento rexistran son Construción (7,09%), Hostalería (5,95%) e Administración Pública e Defensa (4,61%). Sufriron perda de ocupados o Sistema Especial Agrario (-9,27%), Educación (-8,47%) e Actividades Sanitarias (-0,48%).


O número de estranxeiros rexistrados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, creceu un 1,95% no último mes.

 

ccaa

 


Datos a final de mes

 

A Seguridade Social rexistrou 2.011.827 afiliados estranxeiros o último día de xuño, o que supuxo 10.214 traballadores menos respecto ao comezo do mes (é dicir, un 0,51% menos).

 

Por comunidades autónomas, sumaron afiliados Castela-A Mancha (4,23%), Galicia (3,53%), Cantabria (3,33%), Asturias (3,18%), Castela e León (2,96%), Baleares (2,66%), Cataluña (2,48%), Aragón (2,45%), Madrid (1,33%), C. Valenciana (0,75%) e Canarias (0,57%). Perden afiliados estranxeiros Andalucía (-11,82%), Murcia (-9,02%), A Rioxa (-4,67%), Estremadura (-3,35%), Navarra (-2,77%), e País Vasco (-0,01%), así como Ceuta (-5,58%) e Melilla (-1,07%).

 

A evolución por sectores foi desigual. Servizos de comidas e bebidas (17.409), Comercio polo miúdo (5.950) así como Actividades de construción especializada (4.508) e Construción de edificios (3.319) foron os sectores que máis afiliados sumaron entre o primeiro e o último día de mes. Pola contra, Educación perdeu 10.140 ocupados estranxeiros.

 

Variación interanual

 

A afiliación media deste colectivo rexistrou en xuño 147.792 activos menos que o mesmo mes do ano pasado (-6,78%). Todas as comunidades autónomas viron reducir o seu número de afiliados estranxeiros en termos interanuais, especialmente Illas Baleares (-24,58%), Illas Canarias (-9,51%), Estremadura (-8,53%), a Comunidade Valenciana (-7,69%), así como Ceuta (-24,74%) e Melilla (-22,01%).

 

No Réxime Xeral, o número de traballadores estranxeiros rexistrado baixou un 8,51% no último ano, con perdas especialmente pronunciadas na Hostalería (-23,90%) e as Actividades Artísticas (-21,33%).

 

O número de traballadores estranxeiros autónomos, con todo, creceu un 2,42% en termos interanuais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas