GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 150 mozas e mozos do exterior cursarán os seus mestrados nas 3 universidades galegas grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

(13/08/2020)

Case 150 mozas e mozos do exterior cursarán os seus mestrados nas 3 universidades galegas grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC.

 

23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios deste programa: facilitar o retorno á súa terra da mocidade galega no exterior.

 

A idade media do alumnado é de 29 anos, e o 56% son mulleres.

 

O alumnado cursará os seus másteres nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

O alumnado cursará os seus másteres nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020.

 

Case cento cincuenta mozas e mozos da Galicia exterior cursarán os seus mestrados nalgunha das tres universidades galegas grazas á nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma a súa cuarta edición na procura de fomentar o retorno da mocidade galega no exterior, nacida en Galicia. 

 

Neste sentido, cómpre salientar que do total de persoas beneficiarias, 23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á Comunidade a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios do programa. 

 

Así mesmo, no conxunto da listaxe de beneficiarias e beneficiarios, Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de bolseiras e bolseiros, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC.  

 

Así, do total de persoas admitidas, 54 reside na Arxentina, 20 en Venezuela, 16 en México, 13 Uruguai, 12 en Brasil, 10 en Reino Unido, 6 en Cuba, 3 en Chile e outros 3 Alemaña, 2 en Portugal, 2 en Italia, en 1 en Canadá, Ecuador, Francia, Países Baixos, Rusia e Suiza.   

 

Cabe salientar tamén a idade media das e dos beneficiarios das BEME, que se sitúa en 29 anos, sumando a maioría dos alumnos e alumnas entre 22 e 30 anos de idade. Ademais, as mulleres concentran o 56% das bolsas, mantendo así a tendencia que experimenta este programa do Goberno galego desde a súa primeira edición, no curso 2017/2018.

 

Estratexia Galicia Retorna 2020

 

Este programa, incluído dentro da Estratexia Galicia Retorna 2020 posta en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, persegue incentivar o retorno das cidadás e os cidadáns galegos do exterior, non só dos emigrados e emigradas, senón tamén das e dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas